Mancomún

Un estudo de Forrester e Unisys sobre 500 responsábeis de sistemas de

empresas de Europa e de EEUU demostra que as principais razóns polas

que as corporacións adoptan o código aberto é para reducir custos

operativos (o 62% opina isto).

Porén, Forrester insiste que o prezo non é a única razón. Os

directivos que se enquisaron resaltan outras vantaxes como a

flexibilidade do negocio, a compatibilidade cos estándares abertos, o

uso do código sen restricións e o feito de non depender dun único

provedor.

A FSF desde sempre destacou as catro liberdades do software libre (uso,

análise, distribución e modificación) como as virtudes fundamentais e

nunca o seu prezo.

Resulta evidente que calquera migración implica un custo asociado ás

tecnoloxías; no entanto, en moitos casos este custo resulta

moi barato por non depender dunha tecnoloxía que pode deixar de existir

ou que non ofrece toda a funcionalidade requirida. Os contornos con

software libre achegan a liberdade necesaria de adaptación aos

sistemas; esta flexibilidade, unida ao feito que non se necesiten

comprar licenzas en cada ampliación, son as que aumentan a

produtividade e dotan da liberdade precisa para unha correcta

escalabilidade dos sistemas.

Ligazóns:

http://www.elpais.com/articulo/tecnologia/realmente/economico/software/codigo/abierto/elpeputec/20070523elpeputec_1/Tes

http://www.fsf.org/licensing/essays

http://www.gnu.org/philosophy/

http://www.fsf.org/

Onte tivo lugar na Escola Superior de Enxeñería da Universidade de Santiago de Compostela unha xuntanza para a creación dunha Asociación de Empresas Galegas de Software Libre. Nesta primeira reunión estiveron presentes dez empresas que se amosaron optimistas e dispostas a traballar neste proxecto encamiñado a defender os intereses comúns e a establecer redes de dinamización. Nos blogues de Roberto Brenlla e Javier Vázquez ou na web de GALPon tedes algunhas reflexións sobre esta xuntanza. Os interesados en participar nesta iniciativa poden contactar cos promotores a través do seu enderezo electrónico.
 

Tamén participou Daniel Armendáriz, Presidente de  ESLE, a asociación de empresas vascas de Software Libre, que expuxo a súa experiencia e falou sobre a necesidade de crear agrupacións rexionais de empresas de Software Libre que se integren nunha asociación estatal.
Logo MAGASI Acaba de ver a luz a versión2.0 do MAGASI CD, un proxecto de Manuel González Regal, profesor do Ciclo Formativo de Grao Superior de Administración de Sistemas Informáticos do I.E.S. Xulián Magariños de Negreira, que pretende ser un achegamento das Tecnoloxías da Información e da Comunicación (TICs) á comunidade escolar galega.

 
Nesta segunda versión hai novidades como:
  • En galego e castelán, permitindo que o usuario escolla o idioma de traballo nas bandeiras da páxina de entrada (por defecto aparece en galego).
  • Nova sección adicada ás aplicacións educativas: gráficos matemáticos, simulador de circuitos, traballar con verbos, …
  • Manuais, titoriais e videos dalgúns programas para aprender o seu uso.
  • Nova sección adicada a ligazóns sobre o idioma e a cultura galega.
  • Distribución de Linux Live-CD.

Máis información na web do MAGASI.

As catro liberdades do software son (1) a liberdade de usar o

programa con calquera propósito, (2) a liberdade de estudalo, saber como

funciona e adaptalo ás túas necesidades, (3) a liberdade de distribuír

copias del e (4) a liberdade de mellorar o programa e facer públicas a

melloras aos demais (evidentemente cómpre o acceso ao código fonte do

programa).

Neste caso, Gartner declarou que os usuarios deben ter o dereito de

modificar e de distribuír o código fonte así como os seus traballos

sen ningún impedimento.

Nunha nota recente de investigación, os analistas de Gartner Brian

Prentice e Mark Driver declararon que algúns membros da comunidade de

código aberto estaban preocupados polo papel que os subministradores

desempeñan na subministración e no soporte deste tipo de software.

Tamén xulga que os subministradores queren redefinir cada vez

máis o significado de código aberto para o facer compatíbel, por

exemplo, co licenciamento de atribucións, o cal estabelecería que o

usuario só podería modificar e redistribuír o software se os

subministradores lle dan un certo «permiso», algo que está nunha

contradición clara co espírito do open source ao este último

permitir as catro liberdades.

Según Gartner, o actual debate entre os subministradores de código

aberto intenta reconciliar unha incompatibilidade inherente ao concepto

mesmo. A incompatibilidade non está en intentar comercializar software

libre, senón no seu modelo de negocio en contraposición coa

industria actual que está deseñada para conseguir o dominio dun único

subministrador de produtos ou de estándares de tecnoloxía.

Tamén avisa os usuarios de open source de que a incerteza que xeraron

as reclamacións dos subministradores pode facer “máis difícil” as

decisións sobre a súa subministración e arquitectura. Para non ter

este problema, Gartner suxire que os usuarios esixan unha definición

estrita do código aberto que recolla o relativo á modificación e

á redistribución de código.

Fonte:

http://www.idg.es/comunicaciones/noticia.asp?id=94158912&seccion=tecnologias

O OpenSolarisDay terá lugar este 31 de maio na Universidade Carlos III de Madrid. Organizáronse obradoiros sobre OpenSolaris e as súas novidades, onde se realizarán prácticas sobre ZFS, Dtrace, virtualización e presentarase a distribución Nexenta (GNU/OpenSolaris). Entregarase tamén un DVD con toda a documentación en castelán sobre OpenSolaris (OrangeBooks), as presentacións dos relatorios e obradoiros, modelos de comandos de OpenSolaris e o StarterKit da comunidade OpenSolaris. A inscrición para asistir ao evento organizado por Microsystems pode facerse a través do web do OpenSolarisDay.

Fonte e programa do evento:Opensolaris

Un consorcio entre o sector da automoción e o goberno norteamericano permitirá desenvolver computadores con conectividade Wifi para os automóbiles. Xa se desenvolveron os primeiros prototipos destes equipos e o sistema operativo elixido para o seu funcionamento foi GNU/Linux. O Vehicle Infrastructure Integration Consortium quere diminuír a taxa de mortes ao volante, reducir os atascos e aumentar as prestacións dos automóbiles de xeito significativo antes de 2017.

Ademais do goberno norteamericano están implicados neste proxecto BMW, DaimlerChrysler, Ford, GM, Honda, Nissan, and Toyota.

 

Xa está dispoñible a versión 0.3.1 de TNTConcept que incorpora melloras e correccións sobre a súa predecesora. Xunto con este lanzamento tamén se publicou unha versión de demostración do proxecto na que se pode probar todas as funcionalidades da aplicación.

TNTConcept é unha ferramenta Web, baixo licenza GNU/GPL, para xestionar os procesos básicos dunha pequena empresa de servizos. Este software pode ser de utilidade para empresas de servizos, profesionais independentes ou departamentos de desenvolvemento.

Entre as novidades da nova versión (0.3.1) destacan a:

  • Incorporación de novos campos en multitude de táboas (foto, xerarquía de empresa, datos de contratos, etc.).
  • Inclusión de información sobre campos obrigatorios.
  • Validacións en campos.
  • Posibilidade de emitir facturas dende o sistema e importar os datos das mesmas desde os partes de actividade.
  • Control de facturas recibidas (para cálculo de taxas soportadas e repercutidas).
  • Novos formatos de informes.

Para ver en máis detalle todas as funcionalidades convén ler o titorial ou consultar a web do proxecto.

SILU (Sistema Informático Libre Universitario) é a distribución realizada pola Universidad de Las Palmas de Gran Canaria. Baséase en Guadalinex, a distro da Junta de Andalucía, e contou coa colaboración da administración autonómica canaria e a empresa Emergya.

Esta primeira distro SILU, será repartida entre os estudantes e profesores das enxeñerías de Informática e Telecomunicacións, como experiencia piloto para avaliar a aceptación dos usuarios e considerar a súa posible extensión a máis centros da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria.

A Oficina del Software Libre (OSL) da Universidad de Las Palmas de Gran Canaria (ULPGC) creouse co obxectivo de promover o uso e a produción do Software Libre dentro da ULPGC, así como servir de proxección á comunidade que a rodea.

Esta semana anunciouse unha nova versión de BeleniX, o live CD de escritorio baseado en OpenSolaris.

Esta nova versión está baseada en OpenSolaris Build 60, dispón do módulo completo X.Org 7.2 baseado nas fontes de Solaris X e Compiz 0.5.0 3D integrado en Xfce e KDE. Tamén se engadiu GNU Parted port para OpenSolaris e GParted coa capacidade de modificar o tamaño de particións NTFS, FAT e ext2, ademais de contar con actualizacións a varios paquetes de software como Xfce 4.4.1, GTK+, Cairo, Pango e KOffice 0.6.2.

Para máis información visitar a seguinte ligazón

O CD pódese descargar dende a ligazón
http://www.genunix.org/distributions/belenix_site/?q=download

 

Fonte:
http://distrowatch.com/?newsid=04252

Son moitos os comentarios que se poden ver por internet sobre que non se

pode facer a declaración por internet usando outros sistemas que non sexan Windows; pois ben, que pasaría se Facenda liberase os programas baixo algún tipo de licenza libre e abrise os formatos que emprega?.

Debido a seguranza que achegan os sistemas de certificación dixital, poderíanse facer programas compatibles para todos os sistemas

operativos, ter maior interoperabilidade entre Facenda cos bancos e

ademais, moi probablemente, a comunidade liberaría programas e as súas

melloras de forma gratuíta. O crecemento de aplicacións empresariais

que usasen os estándares da administración sería tanto en calidade como

en cantidade: a diversidade de ERP xeraría un bo nicho de mercado

nesta área.

Até o momento, Facenda aplica melloras de forma progresiva: ten

formatos que permiten certa interoperabilidade entre bancos e o

programa «PADRE», cada vez vai mellorando máis os sistemas e as

facilidades que lles dá aos contribuíntes; daquela, por que non dar o

seguinte paso?, por que non liberar o programa «PADRE»?.

Unha nova implementación do programa «PADRE» pode ser realmente custosa

para a adaptar a outros contornos, mais de se liberar este custo

sería asumido tanto pola comunidade como por empresas privadas que

desenvolvan novos ERP e programas para lles dar maiores facilidades aos

usuarios, Facenda só tería que preocuparse dos formatos para a

interoperabilidade dos sistemas.

En exercicios anteriores, podíase conectar a través dun

servidor CITRIX para poder facer a declaración desde outros sistemas

operativos, unha facilidade que este ano parece non existir. Como

suxestión de futuro, debería apostarse por protocolos abertos e

programas libres xa que ao final son os máis rendibles. Facenda gañaría

por dúas bandas: aforraría no desenvolvemento do programa e xeraría máis

emprego.

Hoxe, a oficina española da W3C celebra o “Día W3C en España”  en Madrid coa colaboración da Fundación CTIC e a Universidade Politécnica de Madrid. Este evento, que se desenvolverá na ETSI de Telecomunicación da Universidade Politécnica de Madrid, ten como obxectivo debater o presente e o futuro do uso dos estándares web e coñecer as experiencias de empresas e organismos no referente ao seu labor na súa aplicación.

Na xornada matutina, aberta ao público previamente inscrito, trataranse temas relacionados co web 2.0 e os seus problemas de accesibilidade, así como os beneficios e as desvantaxes que se atopan as empresas e os organismos á hora de aplicaren estándares nos seus servizos…

Pola tarde, terá lugar unha reunión exclusiva para os membros do W3C onde se debaterá sobre os estándares do W3C e se darán a coñecer os últimos avances sobre as tecnoloxías do W3C.
 
Fonte: La Flecha

OCRopus é un sistema de análise de documentos e recoñecemento óptico de caracteres. O motor de OCRopus está desenvolvido e esponsorizado en Google Code. Inicialmente estase a desenvolver para plataformas GNU/Linux x86 e x86/64 baixo Ubuntu 6.10. O código podería ser facilmente portado a outras distribucións GNU/Linux ou outras plataformas.

Empregando OCRopus pódese recoñecer o contido dunha imaxe e retornar unha saída en HTML, en concreto ao microformato hOCR.

Un exemplo para converter o texto dunha imaxen PNG a HTML dende a liña de comandos:

./ocropus ocr test-page.png > output.html

Dende o wiki están detalladas todas as opcións por liña de comando.

hOCR é un formato para a representación da saída OCR, incluíndo información da maquetación, caracteres confidenciais, caixas ligadas e información do estilo. Esta información é invisible sendo gardada en formato HTML estándar. Ao estar gardada en formato HTML estándar pódese traballar de forma automática por calquera linguaxe de programación. Para traballar co formato hOCR están dispoñibles as hocr-tools que son un conxunto de ferramentas para manipular e avaliar o formato hOCR e representar os resultados do formato multilingua OCR e incluílos dentro de código HTML.

Pódense seguir os pasos de instalación de OCRopus dende o wiki do proxecto.

Para máis información do formato hOCR consultar o seguinte PDF.

Wiki de Mancomun.org O Wiki de Mancomun.org incorpora dous novos programas dispoñibles para GNU/Linux, Mac OS e Windows en galego. Trátase do sistema de creación de foros PunBB 1.2.15 e o xerador de blogues Lifetype 1.2.1. Estes programas e outros proxectos libres localizados ao galego para as tres plataformas antes mencionadas poderás atopalos no Wiki.
 

Estas aplicacións están dispoñibles orixinalmente na web egalego. No caso do  Lifetype cómpre salientar que  está dispoñible tamén no sitio oficial.

Asterisk é un sistema telefónico de código aberto popular en todo o mundo, ofrece flexibilidade, funcionalidade e características non dispoñibles en sistemas propietarios. [[Asterisk]] é un completo IP PBX (intercambio privado de negocios sobre IP) para negocios e pode ser descargado libremente.

Un novo selo discográfico dunha empresa de telefonía para grupos independentes utilizou Linux na súa campaña de marketing, para dita campaña publicitaria empregaron unha centraliña baseada en Asterisk coa que repartían streaming de audio a máis de 200 persoas simultaneamente.

A Escola Técnica Superior de Enxeñería da Universidade de Compostela acolle hoxe a partir das 17:30 unha xuntanza encamiñada a crear unha asociación de empresas de Software Libre galegas. Esta iniciativa busca o nacemento dunha organización que defenda os intereses comúns das empresas do sector e sirva como xerador de oportunidades de negocio e sinerxias económicas. 

Na reunión designarase unha comisión responsable da formación da asociación así como definir os mecanismos de comunicación e primeiros pasos a levar a cabo.

Ademais de falar sobre a asociación local de empresas de Software Libre, informarase aos asistentes da creación dunha organización que represente ás empresas de todo o estado. Nesta organización de ámbito estatal estarían integradas tamén as diferentes organizacións rexionais. 

Para coñecer a iniciativa da federación estatal, así como coñecer as motivacións e experiencias doutras asociacións xa existentes, estará presente Daniel Armendáriz -Presidente de ESLE, a asociación de empresas vascas de Software Libre.

A orde do día inclúe:

  • Presentación das motivacións e obxectivos da existencia dunha Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.
  • Presentación da experiencia de ESLE no País Vasco.
  • Elección da comisión encargada de formar a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.

http://www.mancomun.org/images/stories/kde_logo.png O proxecto KDE anunciou hoxe a inmediata dispoñibilidade de KDE 3.5.7, unha versión de mantemento para a última xeración do escritorio libre para GNU/Linux e outros UNIX. KDE agora incorpora traducións a 65 idiomas (entre eles, o galego, que está traducido nun 85%), facéndoo dispoñible a máis xente que a maioría do software privativo.

Esta versión céntrase nas aplicacións de KDE PIM. KAddressBook, KOrganizer e KAlarm que recibiron correccións de fallos, ademais de KMail, que incorpora novas funcionalidades e melloras tanto na interface como no manexo de IMAP: pode xestionar cotas de IMAP e copiar e mover todas os cartafoles…

Outras aplicacións melloradas:

  • KPDF mostra mensaxes emerxentes ao posicionarse sobre unha ligazón, mostra correctamente ficheiros PDF máis complexos como este anuncio de Firefox e reacciona ante as ordes de abrir o panel Contido.
  • Umbrello agora pode xerar e exportar código C# e engadiu a compatibilidade cos generics de Java 5.
  • KDevelop recibiu unha actualización importante á versión 3.4.1. As novas características inclúen un completado de código e navegación mellorados, unha interface de depuración máis fiable, compatibilidade con Qt4 e mellor compatibilidade con desenvolvemento de KDE4 e Ruby. 

Podes ver máis información sobre esta nova na súa fonte orixinal en:
http://kde.org/announcements/announce-3.5.7-es.php

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal