Mancomún

AMD distribuirá, nun curto espazo de tempo, drivers gráficos abertos para as súas tarxetas ATI. Así o confirmou Henri Richard, vicepresidente executivo de ventas e marketing, durante un relatorio no Red Hat Summit.

Así mesmo tamén prometeu que AMD “vai a ser máis proactiva en tentar cambiar a maneira na que colaboran coa comunidade de Linux”…

Agora a pregunta é para cando será isto, pregunta que Henri Richard non respondeu.

 

Podes ver a nova completa na súa fonte orixinal:
http://enterpriselinuxlog.blogs.techtarget.com/

http://www.mancomun.org/images/stories/galpon_animales_small.png O Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra demanda profesores que desexen dar cursos baseados en Software Libre dunha duración estimada de 50h. O prazo de presentación de solicitudes remata o próximo día 21 de maio do 2007.

Os cursos serán desenvolvidos entre outubro e novembro deste mesmo ano na provincia de Pontevedra, principalmente en Vigo.

Máis información en http://www.galpon.org/drupal/node/20

Web de GALPon: www.galpon.org

EnvyÉ un script desenvolvido en [[Python]] e PyGTK que automaticamente detecta e instala controladores propietarios para tarxetas de vídeo ATI e NVIDIA en Ubuntu.

Alberto Milone (seu creador) publicou unha nova versión da súa aplicación Envy.
En concreto a versión 0.9.3-0ubuntu2, lanzada o 12 de maio do 2007.

Características:

  • Detecta automaticamente o modelo da túa tarxeta (ATI ou VIDIA). Inda que tamén se pode facer unha instalación manual.

  • Descargase a versión correcta do controlador propietario dende as webs de ATI e NVIDIA.

  • Resolve as dependencias.

  • É posible instalar / desinstalar o controlador.

  • Configura o teu xorg.conf acorde coas especificacións do sistema.

  • Reinicia o servidor das X se ti o desexas (só dispoñible na interface de texto).

  • Manexa as dependencias ( compiladores, OpenGL, etc) segundo versión de Kernel e Sistema Operativo requirido para construír ese módulo.

Mancomun.org estivo presente cun stand propio no gran evento da industria cultural galega Culturgal que tivo lugar en Pontevedra do 10 ao 13 de maio. A feira reuniu a editores, produtoras audiovisuais, libreiros e institucións públicas  co obxectivo común de promover a cultura galega. Mancomun.org promoveu o Software Libre como opción tecnolóxica para que o galego teña presenza na sociedade da información. Ferramentas coma OpenOffice.org en galego con corrector ortográfico tiveron unha grande aceptación entre os asistentes.
 

Proporcionouse ademais información do programa +Internet+Galego+Futuro da Dirección Xeral de Promoción Industrial da Sociedade da Información así como das diversas axudas que a dirección xeral ten para promover as TIC en empresas e colectivos cidadáns.

http://www.mancomun.org/images/stories/concurso_swl.png O pasado venres 11 de maio concedéronse os premios do I Concurso Universitario de Software Libre. O Concurso foi unha iniciativa organizada dende a Universidade de Sevilla, para este curso participaron máis de 130 estudantes das diferentes universidades españolas que desenvolveron arredor de 100 proxectos de Software Libre.

Lista cos seguintes resultados por categoría:

Sistemas

  • Primeiro premio: Porting do GCC á arquitectura do microcontrolador PIC16F877 de Pedro J. Ramírez Gutiérrez da Universidade de Málaga. [Blogue] [Forxa]

  • Premio finalista: Sharp Knocking de Miguel A. Pérez Valencia e Luis Román Gutiérrez da Universidade de Sevilla. [Blogue] [Forxa]

Lecer e educación

  • Primeiro premio: SubDownloader de Iván García Cortijo da Universidade de Valencia. [Blogue] [Forxa]

  • Premio finalista: QtOctave de Pedro L. Lucas Rosado da UNED. [Blogue] [Forxa]

Web

  • Primeiro premio: SWAML, Semantic Web Archive of Mailing Lists de Sergio Fernández López da Universidade de Oviedo. [Blogue] [Forxa]

  • Premio finalista: WebDevStudio – Contorno de Desenvolvemento Integrado Online de Israel Ortiz Flores da Universidade Politécnica de Madrid. [Blogue] [Forxa]

Distribucións

  • Primeiro premio: TCOS Clientes lixeiros sobre Debian de Mario Izquierdo Rodríguez da Universidade de Valladolid. [Blogue] [Forxa]

Intel acaba de presentar LinuxPowerTop.org,  unha web adicada a recompilar consellos, trucos e información para reducir o consumo de enerxía en computadoras cos seus microprocesadores e correndo GNU/Linux. Ao mesmo tempo que se presentou o sitio web, Intel tamén liberou o seu software PowerTOP que axuda a descubrir que aplicación consume máis enerxía da necesaria mentres o portátil está en estado inactivo.

O desenvolvedor de Linux e traballador de Intel Keith Packard, comentou que empregando PowerTop foi capaz de aumentar a duración da batería do seu notebook Toshiba de 4 a 7 horas.

Fonte: http://www.vivalinux.com.ar/hard/linux-power-top.html

A forxa de mancomun.org superou o millón de visitas esta semana. É o momento de reflexionar sobre o seu estado actual. Podemos destacar que actualmente ten un total de corenta e un proxectos rexistrados e noventa e un usuarios rexistrados. Entre os proxectos máis activos esta semana están gl_be_templates cunha actividade dun 100%, que é unha extensión de Typo3 que proporciona un método para realizar modelos en backend, ao facilitar a independencia da lóxica de aplicación e a presentación de datos. 

Tamén gl_transstat cun 91,7% de actividade, que é un módulo de backend para o CMS Typo3, SXBD estándar-completo cun 83,3% de actividade, que consiste nun xestor de bases de datos que cumpra cos estándares SQL principalmente orientado a fins educativos. Os proxectos máis descargados son o Traducindote v0.80b (949 descargas), OOo en galego beta (369 descargas), Búsqueda Avanzada para typo3 (120 descargas), Tradución ao galego do backend de Typo3 (118 descargas) e Typo3 user and page stats (88 descargas). Nas ligazóns seguintes pódense observar as gráficas das estatísticas do 09/02/07 ata o 10/05/07: Alta de usuarios semanal Reconto acumulado de usuarios semanal Proxectos engadidos semanal Reconto acumulado de usuarios semanal Descargas por proxecto Actividade do sitio web

O equipo de Robótica do Grupo de Sistemas Intelixentes do Departamento de Electrónica e Computación da Universidade de Santiago de Compostela emprega o software libre nos seus Robots. Este equipo integrado por Carlos Regueiro, Roberto Iglesias, Miguel Rodríguez, José Luis Correa, Manuel Murientes, Alberto Bugarín, Cristina Gamallo e José Emilio Domenech empregan para as súas investigacións no campo da robótica dous robots: un Pioneer 2AT (All Terrain) de MobileRobots e un Nomad 200 de Nomadic Tech. …

Robot NomadO Nomad e o Pioneer dispoñen cada un dun PC embebido que leva instalado GNU/Linux como sistema operativo.

Os robots tamén poden ser controlados mediante un porto serie por un portátil externo. Un dos obxectivos do equipo de robótica é aprenderlle aos robots a tomar decisións a partir dos datos que toman os sensores que levan incorporados. Para este traballo o software libre de código aberto é fundamental, os membros do equipo de robótica programan aplicacións compiladas co compilador libre g++ de GNU, que lles permiten procesar os datos que toman os sensores.

Robot pionner O software que permite a comunicación co hardware, videocámaras, sensores láser, etc., que levan incorporados os robots para a toma de datos é unha aplicación libre que se pode descargar dende a páxina web de sourceforge chamada Player/Stage . As imaxes que toman o Nomad e o Pioneer son procesadas coa axuda dunha biblioteca de código aberto chamada Opencv .
 
Ámbolos dous robots forman parte de dous proxectos de investigación con financiamento público, un do Ministerio de Educación denominado “Migración de comportamientos en robótica móvil mediante un robot guía” dirixido por José Luis Correa e outro da Xunta de Galicia denominado “Robot guía para realizar visitas turísticas en museos” dirixido por Alberto Bugarín.
 
Fonte: Entrevista a Carlos Vázquez Regueiro y Manuel Mucientes Molina
Desde o blog de Javier Vázquez da empresa Igalia dáse a coñecer unha iniciativa para crear unha asociación de empresas de Software Libre galega que se integraría nunha plataforma estatal. A xuntanza informativa está prevista para o mércores 23 de maio a partires das 17:30, na sala de reunións da ETSE (Escola Técnica Superior de Enxeñería), no campus sur da Universidade de Santiago de Compostela.

O obxetivo concreto da mesma é avaliar directamente cos interesados a formación dunha asociación empresarial específica en torno ao Software Libre, para designar unha comisión responsable da formación da mesma, así como definir os mecanismos de comunicación e primeiros pasos a levar a cabo.

Para coñecer a iniciativa da federación estatal, así como coñecer as motivacións e experiencias doutras asociacións xa existentes, teremos como convidado a Daniel Armendáriz -Presidente de ESLE, a asociación de empresas vascas de Software Libre-.

A orde do día inclúe:

  • Presentación das motivacións e obxectivos da existencia dunha Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.
  • Presentación da experiencia de ESLE no País Vasco.
  • Elección da comisión encarregada de formar a Asociación de Empresas Galegas de Software Libre.

O Observatorio galego de Software Libre vén de publicar o informe da evolución da situación do Software Libre nas políticas estatais e internacionais feito pola Universidade da Coruña e o informe da evolución da situación da tecnoloxía do Software Libre feito pola Universidade de Santiago, correspondentes ao período febreiro-abril.

Estes informes son froito do traballo desenvolvido dentro do convenio asinado co CESGA para a realización de accións encamiñadas a impulsar o Software Libre na nosa comunidade, e complementa aos informes previamente publicados neste mesmo observatorio.

Os documentos, que están baixo licenza Creative Commons, resumen a evolución das políticas das administracións, tanto estatais como europeas, dos meses de febreiro, marzo e abril do ano 2007 no referente a iniciativas de Software Libre, e a situación do Software Libre no ámbito da observación tecnolóxica nos últimos tres meses, tanto a nivel estatal como internacional.

A Consellería de Medio Rural, a través dos servizos técnicos da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria, está buscando empresas que desenvolveran solucións TIC que se adapten ao sector agrogandeiro.

A consellería levará a cabo unha presentación das solucións que máis se adapten a este sector o día 23 de maio, en Santiago de Compostela, en emprazamento aínda por determinar, polo que sería preciso que se aportasen,no menor prazo de tempo posible, as solucións que poidan ofrecer as empresas TIC galegas para este sector, a través do correo electrónico …

 

ao enderezo: jesus.amieiro.becerra arroba xunta punto es
 
Para resolver calquera dúbida, poden dirixirse á dirección de correo electrónico mencionada ou ao teléfono 981545589.
 
Lembrámosvos a existencia ademais dunha interesante iniciativa que conxuga Software Libre e agrogandeiría feito en Galicia: Ainfogra .  

A Universidad de Extremadura puxo en marcha o I Master en Administración e Desenvolvemento de Sistemas Baseados en Software Libre, dirixido a estudantes de último curso e profesionais do sector das TIC que desexen obter coñecementos avanzados de Software Libre. Segundo explicou o profesor da UEx Fernando Sánchez Figueroa, “a expansión do software libre a diferentes ámbitos é continua e está redefinindo os modelos de desenvolvemento e de negocio que existían”, dixo.

Fonte: Extremaduraaldia

Ian Murdock, pai de Debian e dende Marzo Chief Operating Systems Officer de Sun anunciou nas conferencias de JavaOne o desenvolvemento da nova distribución de Linux que contará co mellor de Solaris e o mellor de Linux.

A finalidade desta idea é aproveitar as vantaxes tecnolóxicas de ámbalas dúas solucións. Por exemplo o intérprete de comandos, o terminal de Linux, é moito máis potente co de Solaris ou o sistema de xestión de paquetes co que contan Debian ou Ubuntu non está dispoñible en Solaris.

Por outra banda Solaris aporta características avanzadas propias de grandes implantacións como Dtrace ou o sistema de ficheiros ZFS, que din formará parte de MacOS 10.5 Leopard, e que non están accesibles en Linux.

Fonte: http://es.theinquirer.net/2007/05/10/indiana_la_distro_de_linux_de.html

Ábrese a 2ª convocatoria para que as entidades sen ánimo de lucro soliciten material informático en desuso pola Universidade de Vigo, dentro do marco do proxecto GRUVI.

Todo o material doado estará equipado con programas de software libre (sistema operativo, conexión a Internet e aplicacións de ofimática), para o que se disporá de asesoramento no referente á instalación e funcionamento destes programas, por parte das Asociacións da Universidade de Vigo GALPON (Grupo de Amigos de Linux da Provincia de Pontevedra) e GULO (Grupo de Usuarios de Linux de Ourense).

GRUVI é o proxecto de voluntariado da UVigo que recupera equipos informáticos para doalos con Software Libre a entidades sociais do contorno (asociacións, fundacións, ONG, etc.), a iniciativa e con coordinación da OSIX (Oficina de Servizos Integrados á Xuventude) que depende da Vicerreitoría de Extensión Cultural e Estudantes.

Xorde como resposta á acumulación de residuos informáticos, aproveitables en moitos casos, da nosa Universidade. Tirar ordenadores e outros compoñentes, a parte de supoñer un problema ecolóxico, é tamén unha grande inxustiza social, xa que diferentes colectivos están ás portas de perder o “tren tecnolóxico” e vense afastados da sociedade da información, provocando unha situación que se coñece como fenda dixital.

No proxecto GRUVI colaboran a OSIX, a OMA (Oficina de Medio Ambiente) e a Asociación GALPon (Grupo de Amigos de Linux de Pontevedra), ademais este ano únese a Asociación GULO (Grupo de Usuarios de Linux de Ourense)

Máis información:
OSIX –Área de Voluntariado e Participación
Campus de Vigo
Edificio de Deportes, Campus de Lagoas-Marcosende. 36310–Vigo Tlfs.: 986 814060/4035. Fax: 986-814061. Enderezo electrónico: osix@uvigo.es

E.U.E. Empresariais. R/ Conde de Torrecedeira, 105. 36208–Vigo Tel.: 986 814060/3995. Fax: 986 813994. Enderezo electrónico: osix-to@uvigo.es

Campus de Ourense
Edificio Administrativo. As Lagoas. 32004-Ourense. Tfno: 988 387171. Fax: 988 387253. Enderezo electrónico: osix-ou@uvigo.es

Campus de Pontevedra
Facultade de CC. Sociais e da Comunicación. A Xunqueira, s/n. 36005 – Pontevedra. Tfno: 986 801912 / 2034. Fax: 986 801997. Enderezo electrónico: osix-po@uvigo.es

Os dinamizadores tecnolóxicos da Sociedade da Información lucenses comprácense en convidalos á xornada de SOFTWARE LIBRE, a solución para a túa empresa que se celebrará o vindeiro martes, 15 de maio na Sala de Innovación Tecnolóxica Empresarial situada na Ronda da Muralla 52, xunto a Porta da Estación, organizada pola Asociación de Empresarios de O Ceao, a Asociación Provincial Empresarios Hostaleiros de Lugo e a Fundación Cel.

É unha oportunidade excepcional para ter contacto de primeira man con programas desenvolvidos en software libre. O software libre son programas que unha vez obtidos poden ser usados, copiados, estudiados, modificados e redistribuidos libremente e de forma gratuita. Cada día é maior a implantación do software libre nas empresas españolas e europeas polos beneficios que este aporta á pequena e mediana empresa. 

Díptico das xornadas

Programa: 

  • 17.45 Presentación Ramón Jesús Cortés Yañez – Delegado Provincial en Lugo dá Consellería de Innovación e Industria  
  • 18.00 Relatorio: Softwae libre, un reto para a PEME Alejandro Campo Saavedra – Xerente de SCA Informática SL  
  • 18.45 Demo: OpenOffice vs Microsoft Office, máis parecidos que diferentes Víctor González Castro – Dinamizador Tecnolóxico dá Sociedade dá Información  
  • 19.15 Pausa  
  • 19.30 Demo: TPV integrada baixo Software Libre Juan Anxo Ferreiro Lage – Imagos Solucións Tecnolóxicas  
  • 20:00 Demo: Sistema Operativo Trisquel Empresas, un GNU/Linux pensado para a túa empresaRubén Rodríguez Pérez – Director Proxecto Trisquel
  • 20.30 Relatorio: Directrices migratorias de Microsoft a GNU/Linux Roberto Brenlla – C.T.I. Tegnix SL  
  • 21.30 Fin dá xornada

Ao longo de toda a xornada haberá ordenadores con Software Libre a disposición dos asistentes. Haberá en todo momento persoal técnico a disposición dos asistentes para amosar o funcionamento e vantaxes que a implantación de software libre supón. Repartiremos de forma gratuíta cds co Sistema Operativo Linux e o programa ofimático OpenOffice.  A inscrición á xornada é gratuíta. Non é obrigatoria a inscrición, pero si que é recomendable para ter unha previsión dos asistentes.

A Consellería de Traballo concederá axudas a empresas que teñan a consideración de Iniciativas de Emprego de Base Tecnolóxica (IEBT), cofinanciadas polo Fondo Social Europeo, segundo publicou o Diario Oficial de Galicia (DOG) . Poderán beneficiarse das subvencións as compañías que inicien a súa actividade nun prazo non superior a un ano desde a súa cualificación como proxecto empresarial IEBT.

Estas axudas estarán destinadas á creación de emprego estable, á contratación de persoal técnico de alta cualificación, apoio da función xerencial, ó financiamento e ó comezo e posta en marcha da actividade.

Para o primeiro deses apartados, o departamento que dirixe Ricardo Varela achegará unha contía de 6.300 euros, 6.600 se o posto o ocupa unha persoa desempregada con título universitario e, se esta é muller, o importe poderá alcanzar os 7.200 euros. No referente ó segundo punto, a Consellería concederalles ás entidades unha subvención do 50% dos custos laborais totais, cun límite máximo de 30.000 euros.

A contía do incentivo para o apoio á función de xerencia será de ata o 75% do custo dos servizos recibidos, cun importe máximo de 12.000 euros. As subvencións financeiras non poderán superar os 6.300 euros por emprego estable creado. A Xunta poderá axudar con ata 54.000 euros as entidades que creen 21 ou máis postos de traballo.

BOE: 08/05/2007

Fonte: El Correo Gallego  

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal