Autor: Alberto
A popular base de datos MySQL lanzou a versión 6.0 alpha. A nova versión fai uso dun novo motor de almacenamento baixo o nome en clave Falcon, o cal se atopaba antes baixo a versión número 5.2. MySQL decidiu nomear tódalas versións Falcon co número de versión 6.
Fonte: Noticiastech
- Multi Version Concurrency Control. As táboas poden actualizarse sen ter que bloquearse (row level blocking, bloqueos a nivel de fila).
- Bloqueo flexible e sistema de detección automática de bloqueo mutuo (deadlock).
- Optimizado para CPU modernas que permitan transaccións múltiples e transaccións rápidas.
- Transaccións puramente ACID.
- Serial Log permite recuperacións facilmente sen engadir un sobrecargo con alto rendemento.
- Índices avanzados B-Tree.
- Compresión de datos en disco de alto rendemento.
- Administración de disco intelixente, manexando nomes de ficheiros e extensións.
- Caché de datos e índices en memoria.
- Puntos de salvamento implícitos para garantir integridade de datos en transaccións.
A coñecida distribución GNU/Linux deixará de lado a ferramenta ZENworks de Novell para a administración do sistema e cumpre así con un vello obxectivo: facer que YaST sexa accesible para toda a comunidade.
YaST (acrónimo de “Yet Another Setup Tool“) é a ferramenta de instalación e xestión do sistema operativo da distribución SUSE e, desde o nacemento de openSUSE, tamén está dispoñible nesta distribución (que é a versión libre da anterior)...
Canonical, empresa responsable da distribución de GNU/Linux Ubuntu, organiza a partir do día 3 de maio e ata o día 11 o VII Cumio Mundial de Desenvolvedores de Ubuntu en colaboración coa Junta de Andalucía. O evento dividirase en tres partes: a UES (do 3 ao 4 de maio) centrada en Edubuntu, a Ubucon (5 de maio) orientada á comunidade e a Ubuntu Developers Submit (do 6 ao 11) pensada para desenvolvedores.
A administración autonómica andaluza colabora na organización deste encontro como parte do seu acordo con Canonical para o intercambio de desenvolvementos entre a distribución da Junta, Guadalinex, e Ubuntu. O acordo pretende ademais dar pulo ao Software Libre e o coñecemento aberto en Andalucía.
A UES terá lugar na Escola Técnica Superior de Enxeñería Informática e os outros dous eventos no Hotel Al-Andalus.
Elgg é unha plataforma Software Libre deseñada para permitir a comunicación entre os seus usuarios e compartir recursos. Elgg permite crear redes sociais e aloxar a plataforma nunha infraestrutura propia, modificando as características e adecuándoas ás necesidades específicas.
Os usuarios da plataforma comunícanse entre eles colaborando e descubrindo novos recursos. Os distintos complementos de Elgg permiten aos usuarios sobre diferentes redes sociais para colaborar e fornecer funcionalidades específicas para tarefas coma xestión de proxectos, navegación a través dun dispositivo móbil e colaboración a través de wikis controlados polos usuarios.
Elgg está traducido o 100% ao castelán e nun 30% ao galego. En Launchpad pódese observar a evolución da localización na que está a colaborar Fernando Fraga do Grupo de Investigación Stellae da USC.
Elgg está desenvolvido en LAMP (Linux, Apache, MySQL, PHP) contando coas seguintes características: blogues persoais, almacén de ficheiros, agregación de RSS, perfís persoais, funcionalidades FOAF e máis.
Ainda que estas plataformas están pensadas para a ensinanza electrónica, as súas funcionalidades pódense levar ao eido empresarial. Desde esta nova perspectiva aproveitaríase a idea das redes sociais polas empresas ofertando xestión de perfís persoais, grupos de usuarios, foros de discusión, procuras por persoal cualificado, coordinación de eventos, mensaxería, dúbidas e outras características da comunidade. A versión comercial deste enfoque é Elgg Enterprise.
A Tesourería Xeral da Seguridade Social (TGSS) mailo Instituto Nacional da Seguridade Social (INSS), lanzarán a finais deste mes de abril unha plataforma de teleformación baseada en Dokeos. Contará co asesoramento da empresa galega Contidos Dixitais nos aspectos formativos e tecnolóxicos así como na personalización da plataforma. A través do campus virtual o TGSS e o INSS esperan ofrecer contidos de calidade a máis de 2.500 alumnos.
A distribución orientada a empresas desenvolvida pola administración autonómica estremeña LinEx Pyme está a se converter nun caso de éxito na implantación do Software Libre na PEME. Diversos negocios de diferente índole están a implantar programas abertos para mellorar a xestión do seu negocio con grandes resultados. A web de LinEx Pyme recolle algúns dos casos máis significativos. Sourcepyme é unha iniciativa da administración autonómica valenciana para promover o Software Libre entre as PEME do sector do plástico e do metal da comunidade levantina levando a cabo accións tanto no lado da oferta como da demanda. Nos seus primeiros meses este proxecto detectou reticencias ao código aberto polo lado da demanda na desconfianza cara unha tecnoloxía descoñecida e no da oferta unha carencia de espírito colaborativo que dificulta a creación dunha comunidade desenvolvedora. En ambos lados percíbese un medo ao cambio.
A documentación das Xornadas Sourcepyme celebradas o pasado 16 de novembro están colgadas da web do proxecto. Alí poderás atopar as intervencións dos responsables de Sourcepyme, de LinEx Pyme (programa de promoción do código aberto entre as PEME da comunidade estremeña), o AIMPLAS (Instituto Tecnológico del Plástico) e o AIMME (Instituto Tecnológico Metalmecánico).
O conselleiro de Innovación e Industria, Fernando Xabier Blanco Álvarez, e a directora xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, Elena Veiguela, presentaron as iniciativas da dirección xeral para a campaña de actividades conmemorativas do Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicación e o Días das Letras que levará por nome “Máis Internet Máis Galego Máis Futuro“.Esta campaña conta cun amplo programa de actividades que pon en contacto as novas tecnoloxías coa cultura, o ocio ou o humor. Faise fincapé na importancia dos contidos e servizos e os eventos programados contarán co apoio da rede de dinamizadores da sociedade da información da dirección xeral de Sociedade da Información.
Máis Internet Máis Galego Máis Futuro enmárcase dentro da estratexia de difusión das TIC marcada polo Plan Estratéxico Galego da Sociedade da Información que, segundo declarou Fernando Blanco, a pesar da súa recente publicación xa é un documento de referencia e estudado por administracións estatais e europeas.
Investigadores da Universidade de Carnegie Mellon crearon uns robots controlados dende internet por wireless que son simples de abondo como para que calquera poida construílos. Estas máquinas poden ter calquera forma dende un vehículo de tres rodas ao que se lle instala unha cámara até unha flor que leva incorporados sensores infravermellos.
Estes robots feitos á medida teñen a habilidade de conectarse a internet vía wireless, permitíndolles aos usuarios controlar as accións dos robots dende calquera computador conectado a internet…
O corazón de cada TeRK (Telepresence Robot Kit) é un único controlador chamado Qwerk que combina un computador Linux co software e a electrónica necesaria para controlar o motor dos robots, cámaras e outros dispositivos.
O robot pode enviar fotos ou vídeo, respostar á buscas RSS, ou acceder a internet para encontrar información, abrindo un amplo rango de posibilidades.
Fonte:
http://www.computing.co.uk/vnunet/news/2188617/linux-powered-wireless-internet
A Fundación Wikimedia acaba de lanzar un DVD con máis de 2.000 entradas da versión en inglés da Wikipedia. O DVD, desenvolvido en código aberto e dispoñible para Mac OS, Windows e GNU/Linux, busca achegar o coñecemento da famosa enciclopedia virtual a aquelas persoas e institucións educativas que non dispoñen dunha conexión a internet.Podes ler a entrevista completa na súa páxina orixinal:
http://www.elpais.com
A próxima edición do “Google Summer of Code” contará coa presenza de polo menos un galego: Carlos Sánchez; tal e como se pode ver no mapa de participantes que Google fixo sobre o concurso, aínda que a súa presenza se limite a ser o titor doutro participante, Peter Kolbus. O proxecto no que será titor chámase “Maven Dependency Visualization“.
Mapa de participantes do Google Summer of Code 2007 (é necesario o Google Earth para poder visualizalo).
O mapa tamén indica a existencia doutro galego no concurso, Angel Vidal Veiga, pero comprobamos que o seu proxecto foi presentado no ano 2006 , e non no 2007.
Google Summer of Code é un concurso a nivel mundial cuxo obxectivo é promover o desenvolvemento do Software Libre. Os participantes deste concurso reciben unha beca duns 900 euros para axudar a desenvolver algúns dos proxectos que se presentan ao concurso.
Os concursantes deberán estar matriculados nalgunha das tres universidades galegas e os seus PFC deberán ser defendidos, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias entre marzo e outubro do ano 2007, sendo este requisito indispensable para poderen participar no concurso.
