Autor: Alberto
Openbravo, a segunda solución ERP en Software Libre, alíase á Open Source Alliance. Esta empresa sita en España únese a un novo consorcio sen ánimo de lucro adicado a colaborar con empresas e desenvolvedores para que poidan aproveitar tódolos beneficios das tecnoloxías de Software Libre.
Outros participantes nesta alianza son Adaptive Planning, Centric CRM, Enterprise DB, Hyperic, JasperSoft e SourceForge.net®, e continúase co proceso de adhesións.
“A Open Solutions Alliance (OSA) invita a tódolos fornecedores que desexen contribuír co brillante futuro do Software Libre a unirse para asegurar cos desenvolvedores e usuarios comprendan mellor os beneficios desta tecnoloxía e compartan as mellores prácticas”.
A OSA é unha importante alianza neutral de fornecedores que acolle a tódalas compañías comprometidas co desenvolvemento e soporte das tecnoloxías de Software Libre, independentemente da aplicación. A alianza esforzarase en garantir a interoperabilidade e a comunicación entre os seus membros, para incluír a tódolos fornecedores de software independente, de Software Libre e usuarios finais interesados en aprender e implementar esta tecnoloxía.
O técnico superior estará encargado do soporte e desenvolvemento de aplicacións en contornos GRID e implementación de sistemas de monitorización e accounting. Para esta praza requírese:
- Ser licenciado superior en informática ou nunha disciplina afín.
- Coñecementos demostrables en administración de sistemas en contornas Linux.
- Dispoñibilidade para viaxar por Europa.
- Inglés falado e escrito con nivel de conversa técnica.
- Titulación media en informática ou disciplina afín ou ciclo superior de administración de sistemas informáticos.
- Experiencia práctica de dous anos demostrables en programación de shell scripts de Linux, administración de clusters Linux con contornas GRID e software de monitorización, estatísticas e accounting.
GNUWin é unha selección de Software Libre que recomenda aplicacións libres útiles permitíndolle á xente descubrir o Software Libre. Moitos deles están baixo licenza GNU/[[GPL]] e funcionan en múltiples plataformas (GNU/Linux, Windows, etc). O principal obxectivo deste directorio é proporcionar solucións baixo Software Libre en plataforma Windows para que os usuarios, unha vez cubertas as súas necesidades, migren definitivamente a GNU/Linux.
A continuación amósase a listaxe de programas matemáticos proposta por GNUWin.
» Maxima 5.9.0
Maxima para computación simbólica. Maxima posúe as seguintes características:
- Trazado vía netmath en rede.
- Cálculos en rede.
- Probado para unha gran cantidade de problemas.
- Depurador a nivel de código.
- Documentación dispoñible en html, textinfo, info, dvi e postscript.
- Fácil de estender, acceso completo ao código fonte e un acceso a Common Lisp.
» Octave 2.1.42
» Celestia 1.3.2
» R 1.8.0
» Scilab 2.6
» Gnuplot 3.7.x ()
» xplanet 0.94a
É un excelente documento non soamente pola súa extensión e detalle, ademais de estar completamente documentado con capturas de pantalla para facilitar o seguimento do proceso, senón porque percorre todos os aspectos necesarios para ter un ordenador operativo para a utilización tradicional.
Dende unha configuración básica do escritorio, actualización do sistema operativo, instalación de impresoras ata temas máis avanzados como a montaxe dunha plataforma LAMP, das aplicacións de xestión Facturalux, Galopín e a de xestión de bibliotecas OpenBiblio. Ah e todo iso tanto en galego como en castelán…
O podedes atopar na sección de COMOs da web de GALPon, concretamente aquí:
http://www.galpon.org/modules/sections/index.php?op=viewarticle&artid=17
Se queredes meneala historia:
http://meneame.net/story/recuperar-ordenadores-obsoletos-guadalinex-mini-2004
(Nova orixinal de Mentor)
As Ciberirmandades da Fala fan un chamamento de axuda para a tradución de phpBB3. É especialmente apremiante nesta ocasión xa que está a piques de saír unha versión release candidate polo que se non remata axiña coa nova tradución phpBB3 non sairá en galego na versión definitiva. A versión beta 5 xa está dispoñible. As Ciberirmandades contan ademais de con phpBB3, na versión da normativa Agal e da Real Academia Galega, con outros proxectos de tradución coma Joomla! 1.5 FrontEnd ou Anti Bot Question MOD (Admin) no seu TraduCiIF.
Econsultant é un directorio web que recolle listaxes de recursos moi útiles de Software Libre ou baixo outras licenzas gratuítas. Neste directorio pódense atopar os recursos agrupados en función das necesidades dos usuarios.
No apartado de Software Libre temos as seguintes categorías: anti-spyware/anti-virus, audio/música, negocio/oficina, comunicación, escritorio remoto, editores/ substitutos de Notepad, sistema de ficheiros, financeiro, gráficos/imaxes, información/diversión, Internet, teclado, rendemento/recuperación do sistema, produtividade, programación e Video/TV/DVDs.
Dende hoxe, o persoal docente da Universidade de Zaragoza vai dispoñer da ferramenta de [[e-learning]] Moodle que é un sistema de xestión de cursos libre que axuda aos educadores a crear comunidades de aprendizaxe en liña. Deste xeito a Universidade de Zaragoza únese a outras universidades españolas que empregaban Moodle tales como Jaume I, Politècnica de Catalunya, País Vasco, Extremadura, Las Palmas, Castilla-La Mancha, Cádiz ou Oviedo
Polo de agora esta mudanza vai ser experimental empregándose xunto con WebCT…
Fonte:
http://barrapunto.com/
Os premiados recibirán un trofeo representativo exclusivo, deseñado por un artista galego e fabricado en Galicia. Os premiados poderán facer publicidade do galardón, sempre que se especifique claramente en lugar visible o ano e categoría premiada. EGANET entregará un logo acreditativo da condición de gañador ou finalista dos Premios EGANET.
S5 (Simple Standards-Based Slide Show System) é un formato para presentacións baseado na súa totalidade en XHTML, CSS e JavaScript. Cun único arquivo, teremos unha presentación completa e de impresión amigable. O etiquetado empregado para as diapositivas é moi sinxelo, moi semántico e totalmente accesible. Calquera que estea familiarizado con HTML ou XHTML pode ver as etiquetas e saber como adaptalas ás súas necesidades particulares. O tema da presentación queda nas mans de CSS, co cal poderemos xerar estilos propios.
Por medio dunha presentación introdutoria amósase o funcionamento de S5 tamén dispoñible para descarga como ficheiro ZIP [186 KB], o tamaño do ficheiro é debido á presenza de varias imaxes na demostración de diapositiva. Esta presentación pódese empregar para facer probas, por exemplo premendo a barra de espazadora avanzarase a diapositiva seguinte. Outros atallos están explicados nesta presentación introdutoria.
S5 permite crear “temas” para as presentacións por medio de ficheiros [[CSS]], tamén dispón dunha serie de “temas” dispoñibles para empregar nas túas presentacións. Dende a páxina principal do proxecto dispoñemos de recursos para traballar con S5.
Recentemente informamos sobre Traducíndote un proxecto que permite a tradución de documentos aos diferentes idiomas do estado ademais de ao inglés e ao portugués baseándose na tecnoloxía Apertium. Óscar Hermida, autor do proxecto, vén de crear un Wiki para mellorar os dicionarios do tradutor aberto á vosa colaboración. Na súa primeira versión funcionaba baixo o formato aberto .odt aínda que, mediante unha conversión a través de OpenOffice.org, tamén podía ser empregado co formato .doc. Agora ademais é compatible tamén con documentos de LaTex, MySql, Abiword e novos formatos de OpenOffice.org.
A aplicación pode modificar o idioma do documento mantendo o seu formato (táboas e imaxes incluídas) e conta con licenza GPL.
A praza sería por tempo indefinido cun tempo de proba de 6 meses. A remuneración dependerá da experiencia laboral amosada.
As funcións deste Analista/Programador serán:
- Análise, deseño, redacción de propostas e interlocución cos clientes
- Instalación, configuración e personalización de aplicacións open source
- Integración e mantemento de aplicacións Web predeseñadas (Joomla, OsCommerce, Sugar CRM, Drupal, Moodle, SPIP…)
- Formación especializada en casos puntuais
Ademais dos requirimentos mencionados valorarase:
- Experiencia no desenvolvemento de proxectos de envergadura
- Ter traballado con PHP 4/5 orientado a obxectos
- Experiencia escribindo código optimizado e limpo en PHP
- Experiencia ou capacidade para traballar en sitios Web de elevado tráfico
- Coñecementos avanzados de administración Linux
- Soltura no manexo de distribucións Linux (Debian, Suse, Ubuntu…)
- Experiencia en maquetación Web e uso de Dreamweaver
- Coñecementos de Flash (ActionScript)
Os curriculums vitae deben ser enviados por correo electrónico a rrhh@wirelessgalicia.com ou correo postal a Sección Bolsa de traballo da Web de Wireless Galicia.
Griffith é un xestor de películas de uso moi sinxelo e rápido. Escribindo o título da película Griffith tentará recuperar toda a información relacionada da Web.
Griffith é multiplataforma e pode funcionar en sistemas GNU Linux, Microsoft Windows e MacOS X. Tamén traballa en sistemas operativos compatibles con POSIX onde a contorna gtk+ estea dispoñible, incluíndo FreeBSD, OpenBSD e Solaris. A última versión de Griffith é a 0.9.1, e está dispoñible para descarga en formatos tar.gz, exe, deb, rpm, …
Tamén podemos descargar a última versión dende a páxina de desenvolvemento vía SVN.
