Mancomún
A LiMo Foundation é un ente de recente creación que promoverá o emprego de Linux nos teléfonos móbiles como alternativa a MS Windows. Esta fundación foi creada por grandes empresas relacionadas coa telefonía que perseguen sentar a base para establecer uns estándares mínimos que aseguren a compatibilidade entre as distintas distribucións que xurdan orientadas a móbiles.

LiMo Foundation será independente das empresas que a crearon aínda que estas manterán unha forte influencia sobre ela. Preténdese que sexa a comunidade de desenvolvedores e usuarios os que guíen os pasos da fundación.

Outros dos obxectivos desta organización son xerar distribucións para telefonía, promover o seu uso e establecer unha certificiación que demostre o cumprimento da especificación. Ademais tentará forxar relacións con entidades simulares coma The Linux Foundation.

PSA Peugeot Citroën migrará 20.000 ordenadores de escritorio e 2.500 dos seus servidores a Suse Linux Enterprise Desktop. Segundo anunciaron responsables de Novell o fabricante de automóbiles a decisión veu motivada pola facilidade de manexo e o deseño do escritorio. Outro factor importante foi o menor custe.
 

Recentemente en Mancomun.org fixémonos eco do proceso de cambio a Linux que está a levar a cabo Audi cos seus servidores.

http://www.mancomun.org/images/stories/debian.png HP engade a [[Debian]] á lista de distribucións GNU/Linux oficialmente soportadas nos seus servidores Proliant e Blade. O soporte inclúe a validación do hardware con Debian 3.1 (Sarge), ademais dun soporte opcional ao utilizar o sistema operativo Debian en hardware HP.

O soporte de terceiro nivel será prestado conxuntamente por HP e a comunidade de Debian. Hasta agora o soporte da empresa limitábase ás distribucións “enterprise” de [[Red Hat]] e Novell

 

Fonte da noticia:

www.barrapunto.com  

Noticia orixinal na web de HP (en inglés):

www.hp.com  

Trisguel 1.0 distribución GNU/LIinux totalmente en galego, ve a luz tras máis de dous anos e medio de desenvolvemento e numerosas versións previas. A partir deste momento establécese un prazo fixo de publicación de versións de 6 meses, ditas versións terán soporte (reparación de erros e publicación de revisións periódicas) durante un ano.

Estas son algunhas das novidades dende as versións de proba:

  • Repositorio propio baseado en Debian 4.0 Etch, con actualizacións de seguridade.
  • Novo instalador e melloras no entorno lixeiro. Os requisitos mínimos baixan a tan só 200mhz, 64 MB de RAM e 3 GB de disco duro.
  • Soporte de tecnoloxías de asistencia para discapacitados visuais.
  • Novo sistema live, pode executarse dende un pendrive.
  • O sistema live pode lanzarse dende o escritorio de Windows, sen configurar a BIOS.

Software incluído:

  • Gnome 2.14. Entorno lixeiro IceWM+Rox.
  • OpenOffice.org 2 con correctores ortográficos de galego e castelán.
  • Navegador IceWeasel (Baseado en Firefox 2).
  • Entorno completo en Galego, Castelán e Inglés.
  • Linux 2.6.18.6 con máis de 1.000 drivers.
  • Emulador de windows Wine, e simulador de pc virtual Qemu/Kvm.
  • Contorna de usuario 3D Compiz.
  • Máis de 1000 paquetes preinstalados que inclúen aplicacións de oficina, multimedia, deseño, rede, xogos… E máis de 15.000 paquetes dispoñibles para instalar.
O [[W3C]] e OASIS publican o WebCGM 2.0, un novo estándar industrial para ilustracións técnicas en documentos electrónicos. O WebCGM, de uso moi extendido nos ámbitos de defensa, aviación, arquitectura e transporte, alcanzou novos niveis de interoperabilidade grazas ao esforzo común de OASIS e o W3C.

“Hoxe, os deseñadores industriais colleitarán os beneficios da colaboración entre o W3C e OASIS,”- anunciou o Dr. Steve Bratt, Director de Operacións do W3C. “Cando as comunidades de desenvolvedores e deseñadores solicitaron novas funcións e melloras para esta tecnoloxía clave, as nosas organizacións uniron esforzos e experiencias creando o WebCGM 2.0.”

“O WebCGM demostra os beneficios que se poden obter cando as organizacións de estandarización traballan conxuntamente polo ben do mercado,” asegurou Patrick Gannon, presidente e Director de Operacións de OASIS. “O resultado desta colaboración entre OASIS e o W3C é o único estándar aberto para CGM na Web que foi aprobado polos membros de ámbalas duas organizacións. Este nivel de apoio garantiza aos implementadores de calquer parte do mundo o poder empregar o WebCGM con toda confianza.”

O WebCGM crea gráficos Web para o ámbito industrial. O CGM (Computer Graphics Metafile) é un estándar ISO para o formato de gráficos binarios con estrutura de árbore, empregado especialmente nas industrias técnicas (defensa, aviación, transportes, etc) para as ilustracións técnicas en documentos electrónicos. Cando Internet se converteu no medio máis común para compartir e crear documentos, fíxose evidente a necesidade de optimizar o uso do CGM na Web, en especial, no caso dos elementos interactivos como ligazóns e hotspots (áreas de interese).

O WebCGM é amplamente empregado na ilustración técnica, a documentación electrónica e a visualización de información xeofísica. Únense perspectivas potencialmente moi diversas mediante a utilización de aplicacións para documentos Web e constitúe un importante acordo de interoperabilidade entre os principais usuarios e os creadores do estándar ISO CGM.
O W3C publicou a primeira recomendación WebCGM Versión 1.0 en 1999. Pouco despois, o CGM Open, un grupo independente creado para adiantar a adopción do WebCGM, incorporouse a OASIS. Cando os usuarios comenzaron a solicitar máis funcións e melloras, fíxose evidente o interese e o apoio que tiña o WebCGM 2.0. Para iniciar o traballo formalmente, OASIS e W3C firmaron un memorando de acuerdo, o que fixo posible que ámbalas duas organizacións traballasen conxuntamente na creación de novos estándares. E tamén favoreceu unha maior participación por parte do Comité Técnico sobre o WebCGM de OASIS e do Grupo de Traballo sobre WebCGM do W3C.
O WebCGM 2.0 crea novas API e cumprir cos primeiros obxectivos. O WebCGM 2.0 engade unha especificación DOM (API) para o facilitar a programación de obxectos WebCGM, e unha especificación de arquitectura de XCF (XML Companion File) para a externalización de metadatos non gráficos. O WebCGM 2.0 tamén constrúe e amplía o contido gráfico e intelixente do WebCGM 1.0. O criterio seguido no deseño do WebCGM pretende chegar a un equilibrio entre o poder expresivo dos gráficos, por unha parte, e a simplicidade e utilidade, por outra. Un grupo pequeno pero poderoso de metadatos estandarizados xestiona as funcións da navegación por ligazóns e documentos, a estructura e estratificación de fotografías, e permite procurar e consultar o contido gráfico do WebCGM.
O WebCGM 2.0 foi publicado como Estándar de OASIS e como Recomendación do W3C, o que supón o nivel máis alto de ratificación por parte de ámbalas dúas organizacións.
 
Fonte: w3c  

PDFAdobe pretende converter o seu formato PDF nun estándar ISO. Abrindo PDF, segundo apuntan algúns analistas, congraciaríase con gobernos de todo o mundo que poderían adoptalo coma formato oficial para os seus documentos.

Adobe ten previsto dar as especificacións que forman a base do seu formato PDF na súa versión 1.7 á ECMA (Enterprise Content Management Association) que creará un grupo de traballo no que estarán incluídos desenvolvedores, clientes e administracións para converter PDF nun estándar ISO. O proceso de estandarización podería levar entre un e tres anos.

KDEO conxunto de aplicacións ofimáticas KOffice na súa versión 2.0 estará dispoñible como aplicación nativa en Microsoft Windows e Mac OSX. Será unha das novidades de KDE 4 que está a punto de ver a luz. Outra das novidades máis interesantes de KOffice é a posibilidade de contar cun corrector ortográfico e gramatical que se desenvolverá a través do proxecto Sonnet. O proxecto Kross, pola súa banda, traballará no soporte para script de aplicacións. Cabe destacar que KOffice, ao igual que OpenOffice, traballa co formato OpenDocument.
 

Entrementres o pasado día 27 de xaneiro saíu a versión 3.4 de KDEDevelop, a contorna de programación de KDE, que detectou e solventou máis de 500 erros da versión anterior e inclué melloras en Qt4, C++, Ruby e PHP.
Linux emprégase para xerar practicamente a totalidade dos grandes éxitos cinematográficos producidos por Disney/Pixar, DreamWorks, Sony e os demais grandes estudios.

Actualmente, Linux concentra o 95% dos servidores na capital do cine, onde case todas as grandes producións de animación son creadas con software Linux.

Incluso Disney/Pixar, compañía que ten amizade con Apple e Steve Jobs, aposta por unha plataforma totalmente distinta a Mac OS.

A razón principal das preferencias por Linux radica no factor económico, sumado á rapidez e estabilidade de Linux. Mac e Windows son empregados de preferencia en situacións onde se traballa a menor escala.

Na gran maioría dos esquemas de produción cinematográfica prefírese o Software Libre. “Linux é mellor, máis rápido e máis barato. Nos grandes estudios cinematográficos, con miles de servidores e estacións de traballo, a economía e eficiencia masiva son factores clave”.

O sitio Linux Movies resume a situación desta maneira: “Na capital do cine, os evanxelistas de Linux xa non teñen a quen convertir á sua fe”. A publicación engade que inda que Linux é “o rei da industria cinematográfica”, non ocurre o mesmo na televisión, onde as necesidades de poder de cálculo son moito máis modestas.

Fonte: Diario Ti

A continuación presentamos unha serie de portais web que permiten buscar dentro do código fonte de aplicacións ou proxectos de Software Libre tales como WordPress, phpBB, [[mediaWiki]], etc …
 
O portal inclúe os proxectos máis populares de Software Libre, e por cada proxecto nos detallan  as tecnoloxías coas que traballan, o número de programadores cos que están desenvolvendo, as linguaxes nos que foron programados, a frecuencia de actualización. Tamén dispón de acceso por tags, así como blogs e noticias relacionadas…

A lista de buscadores de código fonte:

 

logo IDABCDentro do marco da III Conferencia Internacional de Software Libre de Badajoz o IDABC definirá as bases do futuro Observatorio e Repositorio Europeo de Software Libre nun obradoiro que se desenvolverá o próximo 8 de febreiro. Reuniranse en Badajoz os máximos expoñentes europeos do Software Libre para decidir as liñas de actuación. O programa IDABC ten como obxectivo aproveitar as oportunidades das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións para mellorar a eficacia das administracións públicas e a comunicación entre elas.

 
IDABC publica recomendacións, desenvolve solucións e proporciona servizos que axudan ás administracións públicas europeas a interactuar axeitadamente. IDABC elixiu realizar o seu obradoiro paralelamente á Conferencia Internacional de Software Libre de Badajoz pola importancia recoñecida por parte da UE, a OCDE, e a ONU das políticas sobre Sociedade da Información de Extremadura. O obradoiro está dirixido fundamentalmente a representantes do sector público interesados na creación de proxectos similares a nivel europeo.
 
En Galicia contamos dende o pasado 17 de xaneiro cun repositorio galego de Software Libre chamado A Forxa polo que acudirá un representante galego a este obradoiro.
Universidade da CoruñaA Universidade da Coruña vén de corrixir unha convocatoria de emprego público pola cal esixe aos opositores capacidade de manexo do paquete OpenOffice.org nos seus programas de procesador de textos e xestor de follas de cálculo. Anteriormente pedíaselle aos aspirantes coñecementos de Microsoft Word 2003 e Microsoft Excel 2003 pero, trala declaración do Consello de Goberno da Universidade da Coruña a prol do Software Libre, esta institución decidiuse a efectuar o cambio.
 

O documento está asinado por Manuel Galdo Pérez, xerente da Universidade da Coruña, con data de 11 de xaneiro de 2007.

As vantaxes de empregar estándares abertos fan posible a existencia de gran variedade de proxectos no eido do Software Libre. A continuación amósase unha listaxe de complementos para OpenOffice:

Loook – procurador de arquivos OpenOffice.org

OpenOffice Indexer – indexador de arquivos OpenOffice

OOSearch – procurador de arquivos OpenOffice.org

GestorXML – DMS para xestión de arquivos en formato aberto

JooTemplateFiller – librería para xerar informes

OpenOffice.org Tools (OOo Tools) – ferramentas adicionais

Seguide lendo para ter información de cada complemento. 

» Loook – procurador de arquivos OpenOffice.org

Loook é unha ferramenta para procurar arquivos por texto de OpenOffice.org (e StarOffice 6.0 ou superior). Traballa en Linux, Macintosh e MS Windows. Nas procuras pódese empregar nexos condicionais AND e OR. Non é posible crear un índice (como fai OpenOffice Indexer), pero pode procurar de forma rápida a menos que se teñan moitos arquivos.
Descarga do complemento aquí.
Requirimentos: Python 2.2 ou superior e Tkinter.

» OpenOffice Indexer – indexador de arquivos OpenOffice

OpenOffice Indexer  facilita a procura de arquivos Open Document sen ter que empregar sistemas de xestión de documentos (DMS). OpenOffice Indexer ten as seguintes características:

  • Indexa tódolos tipos de documentos OpenOffice.
  • Fácil acceso aos documentos catalogados.
  • Instalación sinxela. Só é preciso iniciar Office Indexer dende liña de comandos ou periodicamente coma unha tarefa programada para actualizar o índice.
  • OpenOffice Indexer pódese empregar libremente, modificalo e distribuílo baixo os termos da licenza GPL.

Instruccións para traballar co OpenOffice Indexer.
Descargar da ferramenta.

» OOSearch – procurador de arquivos OpenOffice.org (MacOS exclusivamente)

OOSearch é unha ferramenta para buscar arquivos de OpenOffice en MacOS. A ferramenta permite realizar as procuras por palabra clave nun directorio especificado ou volume. OOSearch é similar a Loook, ferramenta comentada no parágrafo anterior.
 
» GestorXML – DMS para xestión de arquivos en formato aberto

GestorXML é DMS (Sistema de Xestión Documental), baseado en XML e servizos web, que proporciona un sistema robusto de organización de documentos. O xestor proporciona unha completa e variada gama de funcionalidades, que permiten xestionar documentos, categorías de documentos, tipos de documentos, autores, usuarios e grupos de usuarios. A súa funcionalidade principal, é a de realizar procuras referenciais e de contido en tódolos documentos que compoñen o catálogo do sistema. Interesante ferramenta para organización que dispoñen de moitos documentos en formato ODF.

O software está dispoñible en sourceforge

 
» JooTemplateFiller – librería para xerar informes

JooTemplateFiller é unha librería libre que permite xerar informes dende un modelo (template) de OpenOffice 2.0 writer e os datos fornecidos dende aplicacións java feitas a medida. Non é preciso ter instalado o OpenOffice para o seu funcionamento. A librería pódese descargar dende a web do proxecto e está baixo licenza LGPL.

» OpenOffice.org Tools (OOo Tools)

OpenOffice.org Tools (OOo Tools) é un programa Java que complementa ao OpenOffice. As ferramentas inclúen un visor das propiedades dos arquivos de MS Word, un contador de palabras modificado, e un conversor bibliográfico.

  • O visor de propiedades permite ler, visualizar e procurar os campos: título, asunto, palabras claves e comentarios de documentos MS Word dun directorio. A mellora para os usuarios que documentan unha breve descrición do contido reflicte na axilidade da procura.
  • O contador de palabras é diferente do dispoñible no OpenOffice, o cal conta al palabras escritas con guión coma máis ca unha.
    Por exemplo: “ISBN: 84-7522-743-0” será contabilizado coma cinco palabras por OpenOffice, pero en realidade son só dúas para esta ferramenta. Algúns xornais científicos empregan os métodos de contabilizar cos caracteres separados por espazos.
  • O conversor bibliográfico importará a información bibliográfica dende BibTex e arquivos OpenOffice, e exportará a información o formato de base de datos soportada por OpenOffice para ser empregados como base de datos.
GPULGUADEMY é unha reunión de hackers e futuros desenvolvedores orientada aos escritorios libres. Será a primeira vez que participen conxuntamente os desenvolvedores de GNOME e KDE do ámbito hispano nun evento centrado no escritorio. GPUL organiza este evento que terá lugar na Facultade de Informática da Universidade da Coruña, os días 23, 24 e 25 de marzo. GPUL a través da súa web fai un chamamento á comunidade para que envíe as súas propostas de actividades, temas de debate, colaboracións…
 

O evento estará orientado a impartir charlas introdutorias de como desenvolver aplicacións nos escritorios libres. O resto dos días haberá sesións de hacking titorizadas, desenvolvemento de novas funcionalidades, solución de erros e posta en común de ideas.

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gifSUN Microsystems acaba de incluír na súa base de datos a tradución realizada por Mancomun.org e os voluntarios do Entrans. Para que esta versión sexa recoñecida por SUN como estable, temos que probar e validar as versións candidatas e betas que se vaian distribuír para detectar posibles erros antes das versións finais. Isto abrirá a posibilidade de que o OpenOffice.org estea dispoñible na nosa lingua para todos os sistemas operativos de xeito oficial a través da web de SUN.

A seguinte versión de OpenOffice.org será a 2.2 e SUN xa compilou unha versión en galego para GNU/Linux coa tradución de Mancomun.org e os voluntarios (están pendentes de colgar a versión para Windows e Mac OS X). Agora queda testear e detectar erros. Para iso poñemos á vosa disposición a ligazón para a primeira versión (recordade que é unha versión de probas e que pode dar algún que outro problema) para que nos axudedes a revisala e mandar as correccións a SUN.

Unha vez dado o visto bo a estas versións de proba, a propia SUN Microsystems compilará e distribuirá esta tradución para as distintas plataformas (Windows, GNU/Linux e Mac OS X).

A ligazón para esta versión é a seguinte:

OpenOffice.org 2.2 versión para corrección de erros

Por favor, necesitamos que informedes de tódolos erros que encontredes nestas versións para poder corrixilos e envialos a SUN.

Mandádenos os erros á seguinte dirección de correo: mancomun@mancomun.org poñendo no asunto: [Erros OpenOffice.org]

As I Xornadas de Software Libre de Monforte do IES A Pingadela en colaboración co Concello de Monforte de Lemos achegarán o Software Libre a esta localidade a través de dúas xornadas que terán lugar os días 1 e 2 de febreiro. As charlas serán de 10 a 13:45  no propio instituto.

A primeira será a cargo do coordinador do proxecto Mancomun.org, Jesús Arribi, que exporá as liñas mestras da iniciativa, e ofrecerá un taller de Software Libre con Live-CD.

O día 2 terán lugar os relatorio dos membros do Grupo de Usuarios de GNU/Linux de Ourense GULO.  As charlas terán por título Sistemas Operativos Libres, O que fago en Windows fagoo en GNU/LINUX e Seguridade en GNU/Linux e serán impartidas por Juan Antonio Añel Cabanelas, Orlando García Feal e Pablo Vázquez Caderno.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal