Neste primeiro lanzamento público, DimDim xa integra vídeo, VoIP, chat de texto, a posibilidade de compartir pantalla / aplicacións e aínda que esta funcionalidade non cumpre con todo o conxunto de prestacións anunciadas orixinalmente, impresiona ben na súa capacidade de brindar unha alternativa moi completa a solucións comerciais típicas.
DimDim está dispoñible para windows e para linux e os asistentes a unha conferencia poden usar diferentes navegadores. Tamén permite a tradución a diferentes idiomas e a integración coa plataforma de teleformación Moodle. A versión actual é unha Alpha.
