Mancomún

Automatización e fluxos de traballo en Drupal con ECA

Automatización e fluxos de traballo en Drupal con ECA
Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

Este seminario está deseñado para administradores/as de sitios e responsables de contido con coñecementos de Drupal a nivel de site building. O seu obxectivo é ensinar como automatizar tarefas, xestionar fluxos de traballo e optimizar procesos dentro de Drupal sen necesidade de programar, utilizando o enfoque ECA (Entidade, Contexto, Acción).

Durante a sesión, os/as participantes aprenderán a identificar que entidades manipular, como definir condicións e contextos, e que accións executar automaticamente, logrando que o seu sitio web sexa máis eficiente e áxil. Combinarase teoría con demostracións prácticas, mostrando exemplos concretos de automatización e fluxos de traballo avanzados.

Obxectivos

Ao finalizar o seminario, os/as participantes serán capaces de comprender e aplicar o enfoque ECA (Entidade, Contexto, Acción) en Drupal para automatizar fluxos de traballo e procesos editoriais, configurando regras e accións que optimicen a xestión de contido e usuarios, sen necesidade de programar, e mantendo un control eficiente e seguro sobre o sitio.

Dirigido a

Esta introdución a Drupal CMS pode ser interesante para un amplo rango de perfís: 

  • Administradores/as de sitios Drupal con experiencia en site building.
  • Responsables de contido que desexen optimizar procesos editoriais.
  • Xestores/as de proxectos dixitais que buscan automatizar fluxos sen programación.
  • Calquera Profesional IT con coñecementos previos de Drupal.

https://cntg.xunta.gal/gl/seminario/x20260907/automatizacion-e-fluxos-de-traballo-en-drupal-con-eca

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal