O curso está deseñado para as/os administradoras/es e os desenvolvedoras/es de Linux que necesitan automatizar os pasos repetitivos e propensos aos erros para a preparación, a configuración, a implementación de aplicacións e a organización do sistema. Céntrase en aplicar os principios fundamentais da automatización para resolver os problemas reais dos sistemas e os servizos Linux a través da creación efectiva de playbooks de Ansible e o uso de Red Hat Ansible Automation Platform. Adquiriranse as habilidades necesarias para automatizar os fluxos de traballo, sentarán as bases para as prácticas de DevOps e aprenderase a utilizar Ansible Automation Platform para mellorar a eficiencia do desenvolvemento.
O curso baséase en Red Hat® Enterprise Linux® 9 e Red Hat Ansible Automation Platform 2.2.
O presente curso prepara aos asistentes para a superación do exame de certificación Red Hat Certified Engineer (EX294).
Obxectivos
- Usar Red Hat Ansible para automatizar pasos repetitivos e evitar erros
- Instalar Red Hat Ansible Automation Platform nos nodos de control
- Crear e actualizar os inventarios de hosts xestionados e administrar as súas conexións
- Automatizar as tarefas administrativas cos comandos específicos e os playbooks de Ansible
Dirigido a
O curso está dirixido ás/aos administradoras/es de sistemas Linux que necesiten formarse nas tarefas de automatizar a xestión das configuracións e preparar e implementar os servidores de desenvolvemento, proba e produción.
https://cntg.xunta.gal/gl/curso/xtifct2541/redhat-enterprise-linux-automation-ansible-1a-edicion


