Mancomún

Como montamos a nosa propia nube con software libre

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

O 14 de abril de 2026, o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL) organiza unha sesión aberta na que explicará como foi deseñada e posta en marcha a infraestrutura tecnolóxica da asociación, baseada integramente en software libre.

Durante a charla revisarase o estado actual da infraestrutura, recentemente renovada, e detallaranse as decisións técnicas tomadas para cubrir as necesidades da comunidade: desde o servidor de correo electrónico ata o uso de Nextcloud como plataforma colaborativa. Tamén se amosará como todos estes servizos están integrados mediante un sistema único de autenticación (SSO) con Keycloak, facilitando a xestión e o acceso seguro aos diferentes recursos.

A sesión está pensada cun formato participativo, no que se combinará a explicación técnica cun espazo de preguntas e respostas, permitindo debater sobre posibles melloras, alternativas e boas prácticas na xestión de infraestruturas baseadas en tecnoloxías abertas.

A actividade celebrarase na Facultade de Informática da Universidade da Coruña e está dirixida a persoas interesadas na administración de sistemas, nas infraestruturas de servizos dixitais e no uso do software libre no día a día de asociacións e colectivos.

Poderás atopar máis información na seguinte ligazón: https://gpul.org/eventos/2026/infra-gpul/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal