
O 25 de abril, A Industriosa organiza unha charla práctica centrada na ciberseguridade no ámbito doméstico, unha temática cada vez máis relevante nun contexto no que o fogar se atopa totalmente conectado.
Durante a sesión abordaranse aspectos clave para mellorar a seguridade dixital na casa, como o uso correcto de contrasinais, a autenticación en dous factores (2FA), a protección das redes wifi, a xestión da privacidade ou como actuar ante posibles incidencias ou ataques. O obxectivo é ofrecer recomendacións sinxelas e aplicables ao día a día que permitan reducir riscos e mellorar a protección da información persoal.
A charla está dirixida ao público xeral e non require coñecementos técnicos previos, sendo especialmente útil para persoas interesadas en adquirir hábitos dixitais máis seguros no seu entorno doméstico.
Poderás atopar máis información na seguinte ligazón: Ciberseguridade orientada ao ámbito doméstico – A Industriosa


