
A Industriosa organiza unha nova sesión de Facendo caYapa – Repair Café, unha iniciativa comunitaria que aposta pola reparación colaborativa, a reutilización e o coñecemento compartido como alternativa ao consumo desbotable.
Durante a actividade, as persoas participantes poderán achegar obxectos avariados e traballar conxuntamente na súa reparación, aprendendo nocións básicas e compartindo saberes nun ambiente aberto, colaborativo e accesible.
O Repair Café promove valores como a sustentabilidade, a economía circular e a cultura do “faino ti mesma/o”, reforzando ao mesmo tempo os lazos comunitarios arredor da tecnoloxía e dos coñecementos prácticos.
Máis información na seguinte ligazón: Facendo Cayapa: Repair Café – A Industriosa


