
A Rede CeMIT organiza unha formación presencial de iniciación a Impress, a ferramenta de presentacións de LibreOffice, orientada a persoas que queiran aprender a crear presentacións dixitais de forma sinxela empregando software libre.
Durante a actividade abordarase o funcionamento básico da aplicación, aprendendo a crear, editar e estruturar presentacións, engadir textos e elementos visuais e aplicar deseños sinxelos para comunicar ideas de maneira clara e ordenada.
Esta formación está dirixida a persoas que se achegan por primeira vez a Impress ou que desexen adquirir unha base no uso de ferramentas ofimáticas libres para a elaboración de presentacións.
A actividade é gratuíta e forma parte da programación formativa da Rede CeMIT.
Máis información e inscrición na seguinte ligazón: IMPRESS I (BÁSICO) | CeMIT


