
GPUL organiza a xornada “Kubernetes & AI, con sentidiño”, un encontro para reflexionar sobre o uso real da Intelixencia Artificial e da escalabilidade no ecosistema Cloud Native, poñendo o foco nas boas prácticas, a experiencia profesional e o sentido común á hora de aplicar estas tecnoloxías.
Durante o evento, profesionais de referencia de empresas como Google, Red Hat e Adobe compartirán a súa experiencia en proxectos reais. Ademais, celebrarase unha mesa redonda coa participación da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), na que se abordarán os retos actuais e futuros da supervisión da IA.
A xornada rematará cun espazo de networking orientado a favorecer o intercambio de ideas e o contacto entre persoas e colectivos da comunidade tecnolóxica.
A asistencia require inscrición previa. A axenda completa e o formulario de inscrición están dispoñibles na seguinte ligazón: https://lnkd.in/ef4UfgbQ


