Mancomún

Pensaches algunha vez en crear unha biblioteca de compoñentes UI?

Engadir á miña axenda Google Calendar iCal

A Industriosa acolle unha charla orientada ao desenvolvemento web e ao deseño de interfaces baixo o título “Pensaches algunha vez en crear unha biblioteca de compoñentes UI?“, dirixida a persoas interesadas en mellorar a reutilización, a coherencia e a escalabilidade nos seus proxectos dixitais.

Durante a sesión reflexionarase sobre a importancia das bibliotecas de compoñentes e dos design systems como ferramentas clave no desenvolvemento de aplicacións modernas. Abordarase cando ten sentido crear unha biblioteca propia, que vantaxes ofrece fronte a solucións xa existentes e que boas prácticas poden aplicarse para garantir a súa utilidade a medio e longo prazo.

A actividade está pensada tanto para perfís técnicos como para persoas vinculadas ao deseño e á experiencia de usuario, cun enfoque divulgativo e accesible que facilita a participación de persoas con diferentes niveis de experiencia.

Poderás atopar máis información na seguinte ligazón: Pensaches algunha vez en crear unha biblioteca de compoñentes UI? – A Industriosa

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal