Extensión para OOo para executar automaticamente as presentacións a pantalla completa no Impress

Extensión para OOo para executar automaticamente as presentacións a pantalla completa no Impress

http://www.mancomun.org/images/stories/ooo-main-logo-2col-trans.gif Na web oficial de extensións do OpenOffice.org atopamos unha interesante extensión: Auto Starter for Presentation Documents.

Esta extensión permítenos que ao abrir un ficheiro de presentacións (inclusive do formato .pps de PowerPoint), este se execute automaticamente a pantalla completa e en modo presentación.

Para facer que funcione a extensión cos formatos de OpenOffice.org Impress é necesario seguir as instrucións que se detallan na páxina da extensión

 

Con esta extensión vense a resolver un problema que xa algún usuario de Mancomun.org tivera á hora de usar ficheiros .pps de PowerPoint.

A modo de resumo, o funcionamento sería o seguinte:

  • Para ficheiros .pps:
    • Abrir directamente o ficheiro e xa iniciará automaticamente
  • Para o formato de ficheiros .odp de OpenOffice.org:
    • Usar a barra de ferramentas da extensión que contén dous botóns:
      • Un triángulo que habilita esta opción
      • Un cadrado que a deshabilita
    • Establecer nas propiedades do ficheiro (menú Ficheiro->Propiedades), na pestana “Definido polo usuario”, o primeiro valor (info1) a “autostart”.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal