O novo UMPC de E-Lead, funcionará con Ubuntu

A empresa taiwanesa E-LEAD aproveitou o CES para presentar un novo concepto de UMPC, similar ao do ASUS Eee PC pero que fai uso extensivo de pantallas táctiles. E ademais diso, cunha Ubuntu controlándoo todo.

O denominado Noahpad UMPC dispón dunha pantalla de 7 polgadas convencional (non táctil), pero no lugar de teclado dispón de dous cadrados táctiles de 2,76 polgadas de diagonal que permiten acceder a un teclado táctil virtual cunha característica sorprendente: ao encartar o teclado sobre a pantalla pódense ver as pulsacións do teclado sobre a pantalla.

 

O efecto parece algo complexo, pero segundo os seus desenvolvedores está destinado a mellorar a velocidade de introdución de texto, xa que permite metelo con varios dedos en lugar do uso tradicional dos polgares. O dispositivo podería estar dispoñible en marzo de 2008.

Fonte: theinquirer.es

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal