Venres, 15 Xaneiro 2021

Máquina virtual para sinatura dixital

Vídeo

Co fin de mellorar a interoperabilidade cos servizos de eAdministración, a Oficina de coordinación de software libre da Amtega, pon a disposición unha máquina virtual, baseada na distribución de GNU/Linux Debian, que permiten a realización de trámites con sinatura dixital empregando ferramentas de software libre.

A versión da distribución é Debian 10, unha configuración similar á que se pode atopar nos centros e aulas da rede CeMIT.

Esta máquina virtual contan como compoñente principal coa aplicación para a sinatura de documentos, Autofirma e o navegador Firefox, na súa versión de soporte duradeiro. Autofirma é unha aplicación software libre que está dispoñible para GNU/Linux, MacOS X e Windows. As dúas configuracións foron testadas nos diferentes servizos de administración electrónica da Xunta de Galicia.

Máquina virtual

As máquina virtual configurada está subida en 2 ficheiros comprimidos, que se deberán descargar e unha vez descargados hai que descomprimilos para poder empregalos.

Videotitoriais actualizados (a setembro de 2022), para o uso da nova máquina virtual baseada en debian

Dispoñedes das instruccións actualizadas nestes videotitoriais que preparamos:

01 – Pílula sobre a configuración da máquina virtual para a sinatura dixital

02 – Pílula sobre a sinatura dixital de documentos coa máquina virtual

Instrucións para o seu uso

  • Descargar os dous ficheiros da máquina virtual nas ligazóns de máis arriba.
  • Descomprimir o ficheiro 1 (se non se dispón dunha aplicación para descomprimir ficheiros en formato 7zip, pódese empregar a aplicación libre 7-zip).
  • Abrir un xestor de máquinas virtuais que soporte o formato Open Virtualization Format. Dende Mancomún recomendamos empregar VirtualBox.
  • Dende o xestor de máquinas virtuais debemos importar o servizo de virtualización escollendo o ficheiro con extensión .ova resultante da descompresión do segundo paso:
  • Unha vez importado o servizo, pode verse na interface do xestor como agora hai unha nova máquina virtual. O seguinte paso é arrancar a máquina virtual dende o xestor:
  • Logo de arrancar a máquina e acceder co usuario ocfloss, débese descargar e/ou importar o certificado co que queiramos asinar ou tramitar a documentación nesa conta de usuario.

Credenciais do usuario virtual

Nas máquinas virtuais configuradas existen un usuario que é o que se empregará para iniciar a sesión. Este usuario chámase ocfloss, pode ser tamén necesario introducir a contrasinal en algunha ocasión, a contrasinal é a mesma ca o nome de usuario.

Instrucións para a importación  do certificado

  • Para importar o certificado na máquina virtual de sinaturas é necesario ter arrancada a máquina e a sesión iniciada co usuario ocfloss na mesma. Posteriormente hai que copiar ou descargar o ficheiro de certificado para a máquina virtual de sinaturas. O máis sinxelo, se o ficheiro está na máquina anfitrioa é arrastralo dende a mesma para a máquina virtual de sinaturas,  deste xeito queda o ficheiro pegado no escritorio da máquina de sinaturas:
  • Para instalar o certificado hai que abrir o xestor de certificados: Primeiro ábrese o navegador Firefox (premendo no botón sinalado na imaxe anterior) e accedendo ás preferencias de “Privacidade e seguranza”, logo (como se ve na imaxe a continuación) pódese abrir o xestor dos certificados pulsando en “Ver certificados”:
  • Para importar o certificado, hai que premer no botón “Importar”:
  • Agora hai que indicarlle o ficheiro que contén o certificado, neste caso será o ficheiro descargado do escritorio:
  • A continuación o xestor, pídenos a contrasinal que protexe o certificado que conten o ficheiro:
  • Agora xa se pode ver no xestor o certificado instalado co que xa se poderán asinar os procedementos e os documentos:

Posibles problemas no proceso

  • Fallo ao arrancar a máquina virtual: É posible que non se teñan activadas as extensións de virtualización VT-x. De ser o caso habería que reiniciar a computadora e entrar no software de configuración da BIOS /UEFI e habilitar VT-x, que se poderían atopar tamén co nome de Virtualization Technology.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal