Co fin de mellorar a interoperabilidade cos servizos da eAdministración, a Oficina de coordinación de software libre da Amtega pon a disposición da cidadanía dúas máquinas virtuais (baseadas en dúas distribucións de GNU/Linux) que permiten a realización de trámites con sinatura dixital empregando ferramentas de software libre.
Estas máquinas virtuais, contan como compoñente principal coa aplicación para a sinatura de documentos Autofirma. Trátase dunha aplicación de software libre que está dispoñible para GNU/Linux, MacOS X e Windows. As dúas configuracións foron testadas nos diferentes servizos da administración electrónica da Xunta de Galicia.
Pílula sobre o uso das máquinas virtuais para sinatura dixital
Máquinas virtuais
As distribucións dispoñibles son, por unha banda Debian 9 (coa mesma configuración que se pode atopar nos centros e aulas da rede CeMIT), e por outra banda Ubuntu (na súa última versión LTS dispoñible), xa que se trata dunha das distribucións máis coñecidas e empregadas.
Esperamos que os trámites con sinatura dixital empregando ferramentas de software libre, sexa a partir de agora máis sinxela.