Venres, 26 Febreiro 2021

OpenMandriva Lx 4.2

Enlace externo

OpenMandriva Lx 4.2, nova versión desta distribución libre. Conta cun kernel compilado por defecto con LLVM Clang e cunha edición optimizada para AMD Zen.

Novidades: dispoñibles versións para os dispositivos e arquitecturas PinebookPro, Raspberry Pi 4B e 3B+, Rock Pi 4A, 4B e 4C, Synquacer, Cubox Pulse e aarch64.

Chega co servidor gráfico Xorg 1.20.10 pero como alternativa conta tamén con Wayland. Segue apostando por KDE Plasma 5.20.5, que complementa coas KDE Applications 20.12.2 e acompaña con moitas outras aplicacións actualizadas.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal