Venres, 19 Xaneiro 2024

Resumo da Geocamp 2023

Enlace externo

Sobre o Geocamp

GeoCamp ES é unha xornada sen ánimo de lucro, de asistencia gratuíta e autofinanciada, organizada polo colectivo internacional de Geoinquietos España.

Logo de Geocamp

Os Geoinquietos de España están formados por grupos informais situados en distintas provincias e que se reúnen para conversar e aprender sobre calquera tema relacionado coas ciencias da terra e que senten especial afinidade polos servizos de xeodatos abertos, proxectos comunitarios, software libre de calidade profesional usado a nivel mundial en todo tipo de servizos e aplicacións SIG, especialmente arredor da comunidade OSGeo, aínda que tamén está aberta a profesionais de xeomática que traballan con software propietario pero gustan de compartir coñecementos e aprender en grupo.

Este ano GeoCamp celebra a súa 10ª Edición e o formato será Open Space: todos os participantes toman un papel activo na execución do evento para aumentar a interacción entre os asistentes de tú a tú (en lugar do modelo tradicional de conferencia de comunicación de un a moitos) para ser capaces, con agilidade e improvisación, de satisfacer espontaneamente as inquietudes dos participantes, tanto as que traian de casa como as que surxan durante a xornada.

Resumo da Geocamp

Documento orixinal co resumo: https://pads.ccc.de/hvlMKryotI

Open Space 1: OSM, as rúas das Mulleres, Geoportais participativos

Comentarase o estado actual do proxecto realizado por GeochicasOSM (https://geochicas.org) e as dificultades tanto técnicas como organizativas.

O proxecto é un exemplo de boa comunicación e establecemento de relacións con colaboradoras externas que aportaron traballo. O proxecto relaciona OpenStreetMap (https://wiki.openstreetmap.org/) e Wikipedia (https://www.wikipedia.org/), nun visor moi ilustrativo da falta de visibilidade feminina na sociedade ao longo da historia (https://geochicasosm.github.io/lascallesdelasmujeres/).

un visor moi ilustrativo da falta de visibilidade feminina na sociedade ao longo da historia (https://geochicasosm.github.io/lascallesdelasmujeres/).

Mencionouse mappingdiversity.eu como un proxecto moi similar cun enfoque talvez un pouco máis moderno e explotando Wikidata para categorizar os perfís das mulleres.

Open Space 2: JS e Web GL

Actualmente nas librarías de mapas existen algunhas carencias e limitacións para facer certas cousas (ou polo menos facelas de forma fácil e intuitiva). Así que estas librarías terán que evolucionar ou talvez surxa algunha nova libraría que resolva estes problemas. Será GLEO https://gitlab.com/IvanSanchez/gleo?

Agora hai interese e por manipular Raster no cliente. Gleo, Mapbox, Felt, MapTiler Weather.

Para as persoas que se inician neste campo é difícil saber/seleccionar cal libraría usar.

Open Space 3: Intelixencia Artificial e mapas

Parece que de momento todo está en fase experimental e moi verde en temas xeo. É necesario adestrar mellor á besta para mellorar a precisión dos resultados.

Aínda falta moito para xerar mapas complexos e de calidade con IA.

Hai proxectos interesantes en curso, por exemplo, Carto ou extraer datos xeo dunha narrativa e xerar un mapa.

Por agora, a IA utilízase en procesos de tratamento masivo de datos (basicamente recoñecemento de formas e cores, previo adestramento).

Parece que acabaremos vendo modelos específicos para verticais definidos de maneira que as tarefas serán máis concretas e enfocadas para ser máis eficientes.

Open Space 4: Teledetección

Xantar e visita á illa.

O xantar espectacular, en cantidade e nun espazo de luxo. Contamos cun cortador de xamón e un polbeiro, nada máis e nada menos.

A visita moi ben conducida por unha guía profesional a quen hai que agradecer as explicacións e a paciencia. Visitamos toda a illa e o seu museo, aprendendo da súa historia.

Charla plenaria de Carmen Torrecillas

Unha vez máis unha outsider rompe a cabeza e mostra como facer mapas e visualizacións increíbles. Carmen unha crack, aparte da paixón que se lle nota cando fala do tema. É perfecta para unha plenaria nas Xornadas do SIG Libre de Girona.

Gran traballo o que fan en Civio pola transparencia e a vixilancia dos poderes públicos. Así que non o dubides e axúdales a seguir cambiando as regras. ¡Asóciate!.

Open Space 5: Comunidades

Preocupación porque non hai xeración de relevo. Non chegamos ás novas xeracións. ¿Onde se moven? ¿Non sabemos como motivarlos?

Tamén temos que analizar qué estamos facendo mal. Non organizamos ningún encontro de geoinquietos dende a pandemia (ata esta Geocamp) ou non foi moi fructífero, non estamos en contacto coas universidades, etc.

Se alguén ten algunha pista que nos bote un cable.

A experiencia en Barcelona con Geoinquiets e Geomob é que non hai nin mozos nin mulleres, e que o perfil do asistente foi variando ata chegar a outsiders da “xeomática” que consumen xeodatos e fan xeoperacións.

A maioría non repite asistencia.

Dende a Asociación QGIS España tamén demandan ese relevo xeracional tan necesario para que continúe a comunidade e os proxectos, que tan necesarios parecen. O mantemento das comunidades, asociacións, fundacións e organizacións que apoien en xeral o desenvolvemento das ferramentas libres, é imprescindible para que sigan existindo.

Está claro que os canais nos que comezamos a difusión de información e de eventos non son os canais que consumen o público ao que nos teríamos que dirixir para ter relevo. ¿Pero cales son estes novos canais?

Open Space 6: Estándares OGC e Blockchain

Falouse da importancia do establecemento destes estándares para o desenvolvemento homoxéneo dos mapas e ferramentas cartográficas. Tamén do tempo e esforzo que supón chegar a acordos e do que esto demora a súa implementación e consenso. Como anécdota comentouse o ‘boicot’ que dende algunha empresa privativa se fixo para poder tomar decisións unilaterais ao obter maioría de votos, pero que se corrixiu o procedemento para que siga existindo a diversidade que algo así merece.

Merenda e queimada

Como non podía ser doutra maneira en Galicia comemos por enriba das nosas posibilidades.

O mellor das conferencias sempre ocorre fóra destas (pre evento, pausas e post evento). Nas Geobirras previas á Geocamp descubrimos que temos unha rock star e non o sabiamos; agora aparte de frikis, somos groupies.

Nas pausas é onde se fai e crece a comunidade, xente falando de como manipular un pixel na GPU, monitoreo de cetáceos, de cooperativas, Joomla (sí, todavía sigue vivo), montañismo, conxuros, etc.

También foi un acerto dispoñer de sitio máis que suficiente para poder comer e beber entre sesións pudiendo conversar e incluso facer unha queimada, entre risas e un ambiente do máis amable e creativo.

Cea

A organización local reservou unha cea para aqueles que querían seguir compartindo charlas e espazo. Aínda que non é algo estritamente necesario nun evento participativo, sempre axuda a crear contactos e sinerxias. De feito moitos dos asistentes, sobre todo se tiveron que vir de outras partes da península e teñen que facer noite na cidade, agradecérono e acudiron para pechar dunha maneira festiva o encontro.

Conclusións

O formato de Open Space funcionou moi ben, ninguén veu falar do seu libro. (Iván como sempre o intenta 😉 ) Agradecéuse o amplo espazo dispoñible para os ‘open space’, incluso a xente se podería ter repartido en máis grupos se fose necesario. De feito con grupos algo máis reducidos pódese traballar mellor a participación, aínda que foi un éxito con aproximadamente grupos de unhas 20 persoas.

Agradecéuse ter previsto, mediante un formulario que se fixo chegar aos asistentes, unha serie de temas que tratar, aínda que por suposto logo se incluíron facendo grupos segundo as temáticas similares, todos os que se propuxeron alí mesmo. Pero esta previsión axilizou a elección de temas a tratar nos ‘open space’.

Uns cantos levaron os portátiles de paseo pola illa (eu o primeiro, pero para min serve de adestramento para levar a mochila de escalada). ¿Vós imaxinades un evento de tecnoloxía onde só se utilizou un portátil unha vez? (Foi na charla plenaria).

Pois iso é a Geocamp. Crear comunidade, aprender cousas novas e levar a casa unha resaca de coñecementos e ideas (espero que ninguén levou unha da outra). Moi gratificante poder coñecer xente que non sabía o que era unha geocamp e que se atopan cunha experiencia realmente satisfactoria, onde se puideron compartir coñecementos nun ambiente participativo e distendido, que axuda realmente a contactar con persoas que xa teñen experiencia con outras que poden estar comezando.

Unha vez máis, grazas á organización. Vai ser difícil de superar.

¿Onde e cando é a próxima? Hai xa algunha proposta (Pamplona, A Coruña, …) pero haberá que esperar ao ano que ven para volver a disfrutar de novo dun encontro tan especial como este.

Outros

Espazo compartido de todas as edicións de GeocampES: https://github.com/geocamp-es

Fotos ou entradas en redes sociais sobre a Geocamp 2023 (@geocampes en twitter: https://twitter.com/geocampes; GeoCamp – 2023 en Telegram) Eu teño fotos feitas co telefonino, pero non están públicas e tampouco sei onde envialas (en todo caso, as engado ao post unha vez publicado no blog)

https://www.instagram.com/p/CxX3SqFshWn/

https://www.instagram.com/reel/Cx3NN3YI39p/?igshid=NmQ4MjZlMjE5YQ%3D%3

https://media.jorgesanz.net/gallery/2023/09/geocamp-2023.html

Parabéns á organización, un 10. Pasámolo xenial. Grazas Micho (@michogar), Paco (@fpsampayo), Pablo (@psanxiao), Carmen (@carmen10maica) e Jorge (@xurxosanz) por montar o evento (https://2023.geocamp.es) así como a Xeoinquedos e Ghandalf.

Tamén o maior agradecemento aos que confiaron e apoiaron economicamente o evento, xa que sen eles non sería posible levalo a tan bo termo (por orde cronolóxica de participación): https://www.elastic.co/es/; https://www.qgis.es/; https://www.bgeo.es/es/; http://psig.es/ca/nosaltres/; https://solucionsgeografiques.info/es/; https://geoinnova.org/; https://icarto.es/; https://mastersig.fundacioudg.org/; https://geomatico.es/; https://www.conterra.es/; https://www.osgeo.org/; https://www.gestionforestal.es/; https://abtemas.es/que-hacemos/; https://mancomun.gal/

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal