Mancomún

Intel presenta o proxecto de código aberto «Lesswatts.org»

Dada a coñecer no «Intel Developer Forum» por Renee James, vicepresidenta corporativa e xerenta xeral do Grupo de Software e Solucións de Intel, a iniciativa LessWatts.org reúne a comunidade de desenvolvedores de aplicacións para Linux, OSV e usuarios finais para facilitar o desenvolvemento, a implementación e a optimización de tecnoloxía, ademais da facilidade de compartir información arredor da administración da enerxía en Linux.

En centros de datos grandes, o consumo de enerxía dos servidores impón límites sobre o crecemento dun centro e representa custos financeiros e ambientais significativos. Ademais dos grandes clientes de centros de datos, tamén os usuarios móbiles vense restrinxidos por límites no consumo de enerxía porque o espazo nas baterías redúcese continuamente coa redución global do tamaño dos dispositivos móbiles. Nos mercados de servidores e de dispositivos móbiles continúa medrando a relevancia e mais a participación de mercado do sistema operativo Linux.

«Creamos LessWatts.org para acelerar o desenvolvemento da tecnoloxía e simplificar a posibilidade de compartir información para unha administración de enerxía efectiva, nun amplo espectro de dispositivos e segmentos da industria», declarou James. «Unha iniciativa enfocada que sume os esforzos dispersos nun sistema holístico servirá como poderoso catalizador para levar solucións con consumo eficiente de enerxía ao segmento de mercado en menos tempo, e beneficiar con iso os clientes que mercan produtos de Intel».

A iniciativa LessWatts.org comprende varios proxectos clave, en que se inclúen melloras ao núcleo de Linux (como a característica «tickless idle» que aproveita mellor tecnoloxías de hardware co aforro de enerxía), a ferramenta PowerTOP que axuda a optimizar aplicacións Linux para o aforro de enerxía e o Linux Battery Life Toolkit para medir e instrumentar o impacto de cambios ao código de Linux en aforros de enerxía. Ademais, LessWatts.org proporciona a Linux soporte para características de aforro de enerxía hardware que se implementarán en plataformas actuais e futuras de Intel.

Fonte da nova e máis información en: La Flecha

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal