Mancomún

A Conferencia Internacional de Software Libre 2008 fai un chamamento á colaboración voluntaria

Martes, 22 Xullo 2008

Mancomún coordinará a presencia da comunidade de Software Libre en Galiza
 
logo CISLConferencia Internacional de Software Libre 2008 contará con voluntariado que colabore na organización do evento. As listas para inscribirse están xa abertas e brindan unha oportunidade única para todos os interesados en coñecer os detalles dun acontecemento que moverá a máis de 8.000 persoas de todas as nacionalidades.

As funcións serán diversas: atención aos relatores, asistencia técnica, información e recepción dos asistentes, guías de grupos, dinamización de zonas, apoio á organización, etc.Co propósito de facer partícipe a toda a comunidade, a organización asumirá todos os gastos de desprazamento, aloxamento e manutención, ademais de que acreditará a labor de todos os voluntarios cun certificado de asistencia.

A asociación pola Formación, a Cultura e a Solidariedade, Iniciativa Focus, será a encargada de coordinar aos voluntarios e ás voluntarias que presten o seu tempo para a celebración deste evento.

A quinta edición da Conferencia Internacional de Software Libre celebrarase os días 20, 21 e 22 de outubro, no Palacio de Feiras de Málaga. Este evento constitúe un encontro de asistencia obrigada para toda a comunidade de Software Libre.

A comunidade galega no CISL 

Nesta quinta edición do evento, a comunidade galega de Software Libre participará do encontro adquirindo un maior protagonismo. Dado o recoñecemento e as expectativas que está a espertar Mancomún en Europa, a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información promoverá a través do Centro de Referencia e Servizos de Software Libre de Galiza (Mancomún) a coordinación dunha delegación galega.

Fonte: Iniciativa Focus

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal