Mancomún

A OSBF concederá un premio por valor de 78.000 euros no Open Source Business Award 2009

Martes, 22 Xullo 2008

Este concurso de carácter europeo mantén aberto o prazo de inscrición até o vindeiro mes de novembro

osbfA Open Source Business Foundation, unha fundación europea do ámbito do Software Libre con sede en Nuremberg, vén de abrir o prazo de inscrición para o Open Source Business Award 2009. Trátase do maior concurso europeo de plans de negocio e está aberto a todas as compañías, consorcios, organismos públicos e profesionais libres interesados nas solucións innovadoras baseadas en software de código aberto.

Os participantes terán de prazo até o 30 de novembro de 2008 para presentar os seus proxectos de negocio para aspirar a gañar o premio de 78.000 euros, en concepto de coaching por parte de expertos recoñecidos e financiamento de capital risco.

A cerimonia de entrega celebrarase o 28 de xaneiro de 2009, durante o congreso “Open Source Meets Business” que están a organizar os editores Heise Verlag en colaboración con OSBF en Nuremberg. Os gañadores tamén terán a oportunidade de darse a coñecer no congreso e poder establecer interesantes contactos cos responsables da toma de decisións de TI dentro da comunidade do código aberto.

Para aspirar ao OSBA 2009, os candidatos deberán ter un lugar de residencia ou unha empresa establecida de forma permanente nun país europeo e unha licenza OSI (Open Source Initiative) de modelo de negocio.

Os plans de negocio e conceptos deberán presentarse na oficina de OSBF á atención de Mr Christian Rastätter, Theresienstrasse 9, 90403 Nürnberg (Nuremberg), Alemaña, antes do 30 de novembro de 2008. Para máis información, visite www.osbf.de/de/project/osba.

Fonte: El economista

 

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal