Mancomún

A Coruña presenta a súa candidatura para a Akademy e GUADEC 2009

Martes, 1 Xullo 2008
guademyuA empresa Igalia Enxeñaría do Software Libre, GPUL (Grupo de Programadores e Usuarios de Linux) e a Universidade da Coruña veñen de presentar a candidatura da Coruña como sede para a celebración conxunta dos eventos GUADEC (GNOME) e Akademy (KDE) no vindeiro ano 2009.

Esta candidatura conta co respaldo da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, quen se comprometeu expresamente a ofrecer plena colaboración aos organizadores, no caso de seren seleccionados.

Ambos eventos, celebrados conxuntamente, constitúen o maior evento relacionado con escritorios en Software Libre a nivel mundial. A Guademy xa foi organizada no ano 2007 na Coruña por GPUL.

Segundo explican membros do GPUL, “temos instalacións, temos un equipo apaixonado e unha morea de ideas recollidas coa nosa participación en numerosos eventos, así como na organización dos mesmos”.

Ademais da proposta da Coruña concorre a esta candidatura o Cabildo de Gran Canaria.

Máis información: Blog de Chema Casanova

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal