A presentación da Folla de Ruta tivo lugar no marco da sétima edición das Xornadas de Software Libre da Universidade Pompeu Fabra (UPF), que se celebra até o vindeiro 5 de xullo na UPF.
O obxectivo desta Folla de Ruta é identificar as principais directrices que teñen que seguir os departamentos da Generalitat de Catalunya para a implantación e o despregue de iniciativas baseadas en Software Libre. Neste senso, o director xeral da Sociedade da Información en Catalunya, Josuè Sallent, destacou “os beneficios que pode achegar para a Generalitat de Catalunya o impulso do PL, sobre todo porque favorece a reutilización de software e tamén pola necesidade que existe de liderar dende a STSI a xestión do cambio de modelo na administración pública catalana”.
O estudo desenvólvese en diferentes fases: unha primeira de análise da situación de software, tanto privativo como de código libre, nas plataformas e sistemas informáticos da administración catalana, inetntando establecer en que ámbitos, departamentos… podían encaixar as solucións do PL.
Na segunda fase, o estudo fai unha análise e unha valoración (benchmarking) do uso de aplicacións de código aberto noutras administracións públicas e empresas privadas de ámbito estatal e europeo.
Finalmente, a partir destas análises previas e das conclusións que delas se derivan, establécese un modelo e uns criterios de avaliación das solucións do PL e detéctanse e avalíanse os riscos de levar a cabo as iniciativas PL que se identifican como oportunidades reais de implantación.
No apartado de conclusións, o estudo destaca a idoneidade de implantar o PL na Generalitat de Catalunya e propón as accións que fará falta levar a acabo para abordar con éxito esta iniciativa, como por exemplo a eliminación de barreiras metodolóxicas, culturais e de formación, así como impulsar normativas que fomenten a interoperabilidade e os estándares abertos.
Fonte: Secretaría de Telecomunicacións e Sociedade da Información da Generalitat
