Mancomún

O PDF de Adobe xa é estándar ISO

Xoves, 3 Xullo 2008
O formato PDF (Portable Document Format) de Adobe xa é un estándar internacional recoñecido pola ISO co nome ISO-32000-1

Este fito débese á decisión de Adobe Systems Incorporated, desenvolvedora e propietaria do copyright, de deixar que este formato pase ao control da organización ISO, quen publicará as especificacións da actual versión 1.7 e manterá actualizadas as das futuras versións.

Segundo as palabras de Kevin Lynch, CTO de Adobe, “coa liberación das especificacións completas de PDF para a súa estandarización reforzamos o noso compromiso de apertura”.

O secretario xeral da ISO, Alan Bryden comentou “Como un estándar ISO, nós podemos garantir que este formato útil e amplamente usado estará facilmente dispoñible para todos os interesados. O estándar beneficiará tanto aos desenvolvedores de software como aos usuarios ao promover a propagación dunha tecnoloxía común deseñada para ser interoperable e persistente no tempo.”

function copiarPortapapeisGM_BoxValuesSession() { try { netscape.security.PrivilegeManager.enablePrivilege(“UniversalXPConnect”);const gClipboardHelper = Components.classes[“@mozilla.org/widget/clipboardhelper;1”].getService(Components.interfaces.nsIClipboardHelper);gClipboardHelper.copyString( document.getElementById(“GM_BoxValuesSession”).innerHTML );}catch(e){}}function pecharGM_BoxValuesSession() { document.getElementById(‘GM_BoxValuesSession’).parentNode.style.display = ‘none’;}

Até o de agora o estándar PDF dispoñible era o PDF/A-1 baseado no PDF 1.4 de Adobe, que só especificaba com oempregar o formato PDF para a preservación  de documentos electrónicos a longo prazo.

O novo estándar ISO 32000-1, Document management – Portable document format – Part 1: PDF 1.7, está baseado na versión 1.7 desenvolvida por Adobe. Este estándar proporciona a información necesaria para os desenvolvedores de software de creación e/ou de lectura/visualización de ficheiros PDF. As futuras versións do formato publicaranse como subsecuentes partes do estándar polo subcomité ISO encargado do seu desenvolvemento e mantemento (SC 2, Application issues, of ISO technical committee ISO/TC 171, Document management applications).

Fonte: ISO

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal