Mancomún

A localización de Debian ao galego, a máis avanzada do estado español

Luns, 23 Xuño 2008
debianO galego é a lingua mellor situada do estado español no ranking de tradución de Debian e a oitava no total de linguas ás que se ten traducido esta distribución de Linux.

Este ranking, baseándose no número de cadeas de arquivos PO de Debian, establece que das 9.693 existentes a tradución ao galego ten cuberto o 69% do total con 6.785 cadeas. Esta cifra sitúa ao galego por diante das outras linguas do Estado como son o español, o catalán e o vasco, e a tan só 200 cadeas do ruso.

Datos coma estes poñen de manifesto a gran labor de localización que se está a realizar dende a comunidade tradutora de Software Libre ao galego, concretamente, neste caso, a título individual por Jacobo Tarrío coa distribución Debian.
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal