Este encontro, enmarcado dentro do curso de verán da USC sobre Astronomía e Contaminación Lumínica, terá lugar o día 10 de xullo en Rianxo e será impartido por Rubén Díaz Lázaro, Técnico de Investigación da USC e membro do Clube de Astronomía Vega de Santiago.
Ademais desta particular perspectiva entorno á astronomía, o programa aborda moitos outros aspectos con obradoiros repartidos entre o 8 e o 12 de xullo. Estes encontros teñen como finalidade concienciar aos participantes sobre o problema da contaminación lumínica, así coma a busca de solucións e de recursos viables para o mesmo.
O prazo de inscrición permanece aberto até o vindeiro día 27 de xuño na páxina de cursos de verán da USC.
