Mancomún

Segue as II Xornadas de Programación Web de OUSLI en directo

Luns, 23 Xuño 2008
Hoxe arrincaron as II Xornadas de Programación Web con Software Libre no Salón de Actos do Edificio Politécnico do Campus de Ourense da Universidade de Vigo.

As xornadas pódense seguir en directo por uvigo.tv, seguindo os pasos explicados na seguinte páxina:

http://www.ousli.org/content/view/156/1/  

Durante o acto inaugural, Juan Francisco Gálvez Gálvez, Vicerreitor do Campus de Ourense, Antonio Pérez Casas, Asesor do Conselleiro de Innovación e Industria en materia da Sociedade da Información, Enrique Barreiro Alonso, Director da Escola Superior de Enxeñaría Informática da Universidade de Vigo, Xavier Castaño García, socio de Igalia e José Ramón Méndez Reboredo, Vicepresidente de OuSLi, presentaron as Xornadas a través dos diferentes puntos de vista, proxectos e obxectivos das distintas institucións que representan, conformando un marco da situación actual do Software Libre en Galicia e que podemos agardar deste evento.

Na web das Xornadas, http://encontros.ousli.org, atoparase información actualizada en todo momento.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal