
Despois dun breve período en versión beta, a última versión de Molinux chega a súa
versión 4.0, chamada “Adarga”. A distribución pode descargarse desde a
páxina de descargas e podedes encontrar máis información na
páxina oficial. Molinux 4.0 Adarga está baseada en Ubuntu 8.04 Hardy Heron e incorpora actualizacións de todos os programas e novos programas como Cheese, para fotografías e vídeos con webcam, ou mesmo un xestor de copias de seguridade, así como repositorios propios de Molinux e os da
iniciativa UDA.
Ademais con motivo da apertura do canle YouTube do CESLCAM (
http://www.youtube.com/ceslcam) o centro puxo en marcha un
cuncurso referido á creación de videotutoriais en Molinux para premiar ao mellor vídeo formativo…
Entregaranse dous premios: o gañador recibirá un cheque valorado en 1.000 € e o finalista un cheque de 500 €, ambos canxeables na tenda de informática acordada polo CESLCAM.
Máis información desta iniciativa así como doutros concursos no blog do CESLCAM:
http://www.ceslcam.com/blog
Páxina de Molinux:
http://www.molinux.info/