Avidemux é un editor de vídeo deseñado pensando na facilidade de uso ao cortar, filtrar e codificar vídeos. Soporta diversos tipos de formatos, incluíndo [[AVI]], ficheiros [[MPEG]], [[MP4]] e [[ASF]], cunha gran variedade de [[códec]]s. Pódense automatizar tarefas grazas ao uso dos proxectos, da cola de traballos e das grandes capacidades de [[script]]ing da aplicación.
Avidemux é multiplataforma (funciona en Linux, BSD, Mac OS X e Microsoft Windows) e distribúese baixo a licenza GPL.
A última versión, como comentan na súa páxina web, é “posiblemente, a versión con máis correccións de erros lanzada de Avidemux”…
http://avidemux.berlios.de/news.html#2008-07-07
http://avidemux.berlios.de/download.html
