A comunidade de localización de Mozilla en México convocou un certame público para o deseño do logotipo do proxecto. Todo aquel que desexe participar deberá presentar unha imaxe que atenda ás recomendacións, formatos e licencias propias necesarias para un logotipo que representará á comunidade Mozillera Mexicana. A este respecto, deberá ser o máis incluínte posible de xeito que represente á gran diversidade mexicana.
O logotipo será elexido por votación en liña aberta durante o mes de novembro, e darase a coñecer a todo o mundo a partir do primeiro de xaneiro de 2009.
