Mancomún

NSIS: Ferramenta para crear instaladores para Windows das túas aplicacións

Mércores, 16 Xullo 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/nsis.gifNSIS ou Nullsoft Scriptable Install System é unha ferramenta que permite a creación de asistentes de instalación automatizados para a distribución de aplicacións para Windows. Con esta ferramenta poderás distribuír as aplicacións de forma cómoda, rápida e sinxela de instalar para o usuario final.

Os instaladores que se crean a partir de NSIS teñen incluso a posibilidade de ir comprimidos para que o instalador final ocupe menos espazo e sexa facilmente transportable.

NSIS está baseado en scripts, é dicir, nun conxunto de instrucións e comandos, que forman o código que despois permite crear os instaladores. Para editar os scripts, pódese facer de forma manual, mais un editor do estilo de HM NIS Edit pode facilitarnos a edición dos mesmos en gran medida.

Para facernos unha idea do potente que é esta ferramenta aquí vos deixamos a ligazón á lista de proxectos que NSIS como empaquetador das súas versións para Windows. Entre eles destacamos proxectos tan importantes como OpenOffice.org, Firefox, Pidgin, VLC, etc…

[Historia]
NSIS creouse orixinariamente para distribuír Winamp. Está baseado nun produto previo de Nullsoft, PiMP (plugin mini packager). Despois da versión 2.0a0, o proxecto foi movido a SourceForge donde desenvolvedores fora de Nullsoft comezaron a traballar nel nunha forma moi básica. NSIS 2.0 foi liberado aproximadamente dous anos máis tarde.

A versión 1de NSIS é en moitas formas similar ao clásico instalador de Windows, pero con máis facilidade para codificar e soporta máis formatos de compresión. As melloras que trouxo a versión 2 foron unha nova interface, soporte para compresión LZMA, múltiples idiomas e un sistema de plugins sinxelo.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal