{mosimage}A moitos usuarios de software libre lles preocupa o feito da seguridade por aquilo de ter o código ao acceso de calquera. Pero en realidade, o software libre cobre cada un dos puntos febles dos que algúns poden dubidar. Aínda así, temos unha distribución que de seguro tranquilizará a todos aqueles que se atopen nesta situación.
Tal e como mencionamos, Backtrac herda a fiabilidade de WHAX, que e o resultado da evolución de Whoppix, o cal pasou a basearse en SLAX en lugar de en Knoppix.
{mosimage}
Backtrack posúe mais de 300 aplicacións relacionadas coa seguridade, tales coma escaneadores de portos e vulnerabilidades, ficheiros de exploits, sniffers, ferramentas de análise forense ou ferramentas para a auditoría Wireless. Ademais, a estructura que ten fai que sexa perfectamente útil tanto para os usuarios nóveis coma para os máis avanzados en temas de seguridade informática e auditorías.
{mosimage}
Para os que se convenceran sobre a viabilidade dista distribución e que lles resulte útil, xa sexa a nivel persoal ou profesional, deixamos o enlace para descargar as versións dista distribución a través de USB, imaxe ISO ou de VMWare.
{mosimage}
