Mancomún

A nova versión de TYPO3 4.2 en galego

Luns, 28 Abril 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/logo-typo3.gifA semana pasada o proxecto TYPO3 publicou a súa última versión do xestor de contidos. O principal obxectivo da nova versión 4.2 é mellorar a usuabilidade, pero tamén inclúe novas características para os administradores e desenvolvedores. Esta liberación incorpora cambios substanciais no interface do backend de TYPO3 co obxectivo de facer máis amigable o seu uso.

A partires de agora TYPO3 virá coa tradución ao galego incorporada no propio proxecto grazas ao traballo de Igalia. Para configurar o CMS en galego pódense seguir as instrucións publicadas no blogue de Manuel Rego.

Algunhas das melloras incluídas son:

  • Interface do backend de TYPO3 redeseñada para ser máis amigable.
  • Ã?ltima versión do editor de texto enriquecido â??htmlAreaâ? dando soporte para o navegador Safari.
  • O módulo â??Templateâ? inclúe un editor que resalta a sintaxe de TypoScript e o editor de constantes incorpora unha interface máis intuitiva.
  • Nova extensión para o sistema de login â??feloginâ? que reempraza ao anterior â??newloginboxâ? con máis opcións de configuración.
  • máis novidades

http://www.mancomun.org/images/stories/typo3_en_galego.png

Detalle do backend de TYPO3 en galego

Pódese descargar TYPO3 dende Sourceforge e obter máis documentación dende a páxina do proxecto. Os ficheiros coa tradución tamén están dispoñibles na Forxa de Mancomún.

TYPO3 adheriuse a iniciativa â??goPHP5â? e agora a nova versión de TYPO3 require ter instalado PHP 5.2.0 que conta con moitas melloras respecto a súa predecesora.

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal