A Oficina de Software Libre (OSL) da UDC participará activamente na quinta edición da Xuntanza Tecnolóxica Empresa – Universidade que se celebra mañá no Campus de Serantes en Ferrol. A súa intervención centrarase na promoción do software libre a través da organización de varios obradoiros relacionados con este tema e entre os que haberá un sobre a instalación e configuración de Galinux, o sistema operativo libre e en galego desenvolvido por Mancomún.
A Xuntanza Tecnolóxica Empresa – Universidade é un encontro que se celebra anualmente en Serantes co propósito de favorecer a inserción laboral a través do contacto entre o ámbito empresarial e a propia Universidade. Deste xeito, a iniciativa da Oficina da UDC achegarase aos futuros profesionais como os que, xa dispoñendo dun negocio, buscan novos recursos para a empresa.
Os talleres terán lugar na AulaNet da Escola Universitaria Politécnica do Campus de Serantes en Ferrol.
Impartiranse tres talleres:
-
De 9:00 a 10:15 h. “Introdución ao software libre e a un sistema operativo libre (GNU/Linux)”
-
De 10:45 a 12:00 h. “Introdución a ferramentas de software libre e multiplataforma”
-
De 12:30 – 14:00 h. “Instalación e configuración de Galinux/Ubuntu no TEU portátil”
O programa completo de talleres para o venres 24 está dispoñíbel na seguinte ligazón.
Entre os asistentes repartiranse exemplares do Galinux e diverso material informativo sobre software libre, estándares, licenzas e boas prácticas para cidadáns dixitais.
