Os fabricantes de software, as compañías cinematográficas e a industria da música non son os únicos negocios afectados pola piratería xa que pode afectar á comunidade do software aberto. Cando un software propietario roubado é utilizado polos usuarios, é unha oportunidade perdida para os desenvolvedores de software aberto para conseguir que os seus produtos se introduzan no mercado buscando novos usuarios.
Así o afirma Louis Suarez-Potts, Community Manager de OpenOffice.org, quen continúa explicando que “a pirataría afecta o código aberto porque o código aberto pregunta aos seus usuarios como melloralo e contribuír ao seu desenvolvemento, pero a xente pregúntase “¿por que teño eu que axudar se teño Microsoft Office gratis?”…
Ao redor do mundo, moitos gobernos están a darse conta de que isto tamén lles afecta, porque os seus cidadáns son consumidores de tecnoloxía roubada, en lugar de converterse en participantes activos de comunidades de código aberto que pode axudar a outra xente a conseguir capacidades tecnolóxicas que poden beneficiar a outros traballadores e mesmo ao país.
Tomando medidas enérxicas contra a pirataría do software, os países empezarán a ver como poden axudarse a eles mesmos dramaticamente impulsando a innovación e creatividade, así como un crecemento no traballo e a enriquecer as súas economías a través do desenvolvemento de software libre.
Louis Suárez-Potts é o Community Manager de OpenOffice.org. As súas tarefas inclúen a planificación estratéxica, a promoción, o marketing e o desenvolvemento de negocio.
Podes ver a entrevista que Mancomún lle fixo na OOoConf 2007 celebrada en Barcelona.
Fonte orixinal da nova:
http://www.idg.es/
