As catro grandes empresas en tecnoloxías libre respaldan esta unión baseándose na crecente demanda de alternativas económicas ás custosas computadoras con produtos por defecto de Microsoft como Windows e Office, e que requiren prestacións (en Hardware) superiores ás necesarias para as distintas distribucións de Linux.
A ganancia de IBM pasará tanto pola imaxe que logrará no mercado do consumidor, como pola inserción dos seus produtos Lotus Notes e Lotus Symphony, nun intento de danar un dos frontes máis potentes da empresa de Redmon, o de Office.
Kevin Cavanaugh, o vicepresidente de IBM Lotus Software, sinalou que agora existe unha grande oportunidade con Linux dada “a baixa adopción de Windows Vista por parte da empresa, o interese de reducir orzamentos e o éxito probado en distintas rexións con respecto a computadores sen produtos de Microsoft”.
Fonte: IBM
