Mancomún

Curso de iniciación á informática con Linux no Concello de Culleredo

Mércores, 6 Agosto 2008

RedeA Rede da Dinamización da Sociedade da Información organiza un curso de iniciación á informática con Linux no Concello de Culleredo. Este obradoiro impartirase na aula de informática de Vilaboa a partir do día 8 de setembro e continuará até completar un total de 8 horas o día 17 do mesmo mes.

O curso está dirixido a calquera persoa interesada na materia e impartirase en horario de mañá de 10:00 a 11:00 horas.

Os interesados poden solicitar máis información contactando coa dinamizadora Belén Fernández Fernández.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal