Mancomún

A Rede de Dinamización de Boiro organizou unha "Queimada dixital"

Luns, 3 Marzo 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/queimada_dixital.jpgO venres pasado, celebrouse en Boiro, na comarca do Barbanza, unha “Queimada dixital” que tivo como sede o Centro Social de Boiro. Durante varias horas puxéronse ao dispor do público dez computadores con conexión de banda larga para fomentar a descarga de música legal de balde por Internet. A iniciativa foi organizada pola Rede de Dinamización en colaboración co Concello de Boiro.

Os dinamizadores proporcionáronlles aos usuarios un directorio de páxinas onde atopar música libre, e explicáronlles como escoitar e descargar as cancións escollidas. Para rematar, agasallaron aos asistentes cun CD no que puideron gravar a música libre e levala consigo, todo mediante Software Libre.

Fonte e máis información:
http://www.sociedadedainformacion.eu

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal