Mancomún

PALO, solución OLAP de código aberto

Luns, 3 Marzo 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/palo-logo.pngPALO (OLAP lido ao revés) é a iniciativa da firma alemá Jedox. PALO é un motor multidimensional OLAP (ata 256 dimensións), que traballa con follas de cálculo con gran cantidade de datos.

Mediante un complemento integrado co Excel realízanse cálculos complexos a gran velocidade, permitindo ademais o write-back, isto é, non só consulta, senón escritura contra a base de datos. A ferramenta é Open Source e o complemento é de balde, polo que se trata dunha gran utilidade para todos aqueles que manexen gran cantidade de datos nas follas de cálculo.

Non é unha solución de Business Intelligence completa, no sentido de reporting, análise, minería, forecasting, etc… pero é un paso moi interesante sobre unha ferramenta moi popular, como é Excel.

Na páxina do proxecto pódese descargar e obter máis información das características de PALO.

PALO consta dun servidor de datos (hai versión para GNU/Linux e para MS Windows), dun cliente e o complemento para Excel. Tamén hai dispoñible unha API de desenvolvemento con librerías e exemplos para C, Java, PHP e .Net.

Nun estudio comparativo sobre â??ferramentas ERP, CRM e BI Open Source na empresaâ?, publicado por TodoBI hai un tempo, pódense atopar outras alternativas a PALO (versión en PDF).

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal