Mancomún

Linguas OS: Linux para tradutores

Luns, 3 Marzo 2008

http://www.mancomun.org/images/stories/linguasos.jpg Unha das bondades de Linux é a capacidade de adaptarse ás necesidades dos usuarios. Un exemplo claro é “Musix” (Linux para músicos). Outro adaptación é Linguas OS, a distribución Linux para tradutores.

Linguas OS está baseado en PCLinuxOS e ten como contorno de escritorio XFCE. Ademais é moi sinxelo de usar grazas a unha combinación de aplicacións tales como Synaptic (xestor de paquetes usado en Ubuntu) e o panel de control de PCLinuxOS.

A distribución ven coas ferramentas necesarias para un traballo profesional, como por exemplo o tradutor “OmegaT“. Ademais inclúe OpenOffice.org, navegador web Seamonkey, xestor de proxectos Planner , editor de imaxes mtPaint, gravador de discos Brasero, entre outros…

 

A distro é un LiveCD, ou sexa que non require instalación, aínda que si queremos gravala no noso disco duro podemos facelo co asistente DrakLive. A descarga ocupa 452.2Mb e pódese descargar directamente desde o sitio oficial de Linguas OS, pero tamén usando este torrent.

 

Fonte orixinal da nova:
http://www.tuxi.com.ar

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal