
O vindeiro 19 de Abril de 2008 terá lugar a celebración do primeiro
Jommla!Day en España. O evento celebrarase na Universidade Carlos III de Madrid dende as 9:00 ata as 20:00.
Este evento, como o seu nome indica, xirará en torno ao xestor de contidos
Joomla. Faranse presentacións de carácter xeral durante todo o día. Pola tarde artellaranse grupos de traballo máis reducidos para tratar temas específicos o que permita unha comunicación máis fluída entre o relator e a audiencia.
Segundo os organizadores do evento, o Joomla!Day será o lugar máis axeitado para coñecer as novidades sobre o proxecto de man de dous dos principales desenvolvedores do produto: Alex Kempkens y Chris Davenport, coñecer experiencias de éxito en webs institucionais españolas, en xornais dixitais …
O
programa aínda está por pechar, pero xa hai relatorios e mesas de traballo confirmadas, que se poden consultar na web do evento. Ademais están abertos á recepción de novos relatorios a través do seu formulario de
contacto .
É preciso resistrarse e pagar unha entrada de 20€ máis IVA para acceder ás charlas. Levan vendidas xa a metade do aforo.
Fonte: Jommla!Day España