Mancomún

A terceira potencia mundial lidera a educación en Linux

Martes, 19 Agosto 2008

China comeza a analizar os resultados dun ambicioso proxecto educativo iniciado no ano 2005

Linux en ChinaDende que no ano 2005 o goberno chinés apostou decididamente polas comunidades desenvolvedoras de Software Libre, foron centos de miles de xoves chineses os que entraron a formar parte do mundo das tecnoloxías abertas.

Os últimos datos publicados polo ZJTIE (Instituto Tecnolóxico de Economía de Zhejiang) non poderían ser máis esclarecedores. Até un total de 100.000 chineses fórmanse anualmente no estado asiático grazas ás iniciativas educativas do goberno. Esta cifra ten derivado, segundo o estudo, nun incremento de vendas de software GNU/Linux dun 20% no ano 2007.

O éxito acadado baséase en gran medida no traballo realizado dende a Fundación LUPA (Leadership of Open Source University Promotion Alliance), a cal permitiu, entre outros obxectivos, a implantación de materias troncais e tecnoloxías de código aberto en máis de 300 universidades e escolas chinesas, das cales 1.500 estudantes aprobaron a certificación de operador e administrador Linux.

Segundo un estudo realizado pola consultora chinesa, CCID Consulting a iniciativa do goberno non só ten repercutido na formación da poboación chinesa, senón que ademais ten xerado cambios nos hábitos de consumo no eido do software. Deste xeito, os datos da consultora reflexan o auxe do código aberto en China cun incremetno en vendas dos 17,1% e especialmente en Linux que supera o 20%.

Fonte: Linux.com

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal