Mancomún

O goberno valenciano invita á súa comunidade desenvolvedora a testar a versión beta de Lliurex 8.

Martes, 19 Agosto 2008
A Consellaría de Educación da Comunidade Valenciana, a través da Dirección Xeral de Innovación Tecnolóxica Educativa, está a ultimar os detalles da nova versión de LliureX 8.09, que, como xa anunciara Mancomún, se presentará no III Congreso Internacional de Software Libre. O encontro terá lugar en Alacante durante os días, 5, 6 e 7 do próximo mes de novembro.
 
Co obxectivo de acadar unha calidade óptima do produto e implicar en maior medida á comunidade desenvolvedora, as autoridades valencianas comezaron xa a distribuír a nova versión de LliureX nunha versión beta. Segundo informaron fontes da Ganeralitat valenciana, o reparto realizouse entre docentes e programadores co propósito de que poidan testala e achegar as melloras que consideren oportunas.

Respecto diso, a directora xeral de Innovación Tecnolóxica Educativa, Sofía Bellés, explicou que esta nova versión, baseada en Edubuntu Gutsy Gibbon, responde o compromiso coa comunidade educativa de ter unha versión revisada de LliureX para cada curso académico”.

Bellés comentou tamén que, desde o seu departamento, “espérase aumentar a boa acollida que esta tendo LliureX”, xa que, xunto aos miles de computadores onde xa esta preinstalada e que envía aos centros a Conselleria de Educación, a súa distribución foi descargada 12.636 veces desde o portal de LliureX por parte de cidadáns que queren probar este software gratuíto nas súas empresas e fogares”.

LliureX 8.09 ofrece, como principais novidades técnicas, OpenOffice 2.3 con soporte mellorado do valenciano, tradutor Salt4 integrado na suite ofimática, escritorio Gnome 2.18, Linux Kernel 2.6.22, soporte mellorado de impresoras, Gimp 2.4, Sistema de xanelas Xorg 7.2 facilmente configurable grazas ás novas ferramentas gráficas incluídas e nova versión do software educativo Jclic que inclúe a tradución ao valenciano

Coa nova versión de LliureX, o modelo de aula, que inclúe versión de servidor e de cliente, vai empregar como software o TCOS, que permite ao docente o control da mesma. Este software está desenvolvido en España e foi o gañador do I Concurso Universitario de Software Libre do ano 2007.

O proxecto TCOS baséase na creación dun microsistema operativo (baseado en LliureX) que é servido a terminais con baixos recursos (utilizando o protocolo PXE) que arrincan por rede e conéctanse ao contorno gráfica do servidor, onde se validan e executan aplicacións. Os programadores de LliureX participaron moi activamente no desenvolvemento de devandito proxecto.

 
Fonte: EuropaPress
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal