O Centro da Rede de Dinamizacións reabre as súas portas tras unha semana de descanso, poñendo en marcha o desenvolvemento dos dous últimos obradoiros da iniciativa “Informática de verán para os/as menores do concello”. Estes dous últimos obradoiros, que se desenvolverán durante esta semana e a vindeira deste mes, irán orientados ao público infantil e xuvenil de idades comprendidas entre os 12 e os 16 anos.O primeiro destes obradoiros: “Faite visíbel na Rede… Crea o teu propio Blogue” (con Blogger) pretende aportar aos/ás seus participantes, os coñecementos necesarios para a creación e mantemento dun espazo web, neste caso un blogue, así coma outros aspectos máis específicos coma poden ser a introdución de música, presentacións, montaxes fotográficas, contadores de visitas… a través de diferentes aplicacións que atoparemos e aprenderemos a manexar en diferentes espazos web e sempre on-line.
O segundo e xa derradeiro obradoiro desta iniciativa: “E ti… como te ves?” (con Gimp), pretende aportar coñecementos e habilidades básicas de cara o escaneado e o tratamento de imaxes. Algúns dos contidos que se traballarán durante o mesmo serán:
- O escaneado de imaxes.
- Recorte e escalado de imaxes.
- Os filtros de deformacións: A creación dunha caricatura.
- Cambios de cor de pelo e ollos.
- Transformar unha fotografía en debuxo bicolor (branco e negro).
Fonte da nova:
http://dinamiza.sociedadedainformacion.eu
