Mancomún

Á venda o primeiro télefono libre de última xeración

Luns, 7 Xullo 2008

OpenmokoXa está dispoñible o primeiro teléfono de última xeración, baseado no sistema operativo aberto, que corre sobre Linux e que recibe o mesmo nome: OpenMoko (OpenMoko GNU/Linux). Neo 1973 é o nome do primeiro modelo lanzado polo proxecto e á venda na súa tenda online.

A principal vantaxe deste terminal é que, ao basearse totalmente en tecnoloxía aberta, ofrece todo o potencial para instalar ou configurar nel calquera aplicación e sen ningún tipo de restricións. Así, o usuario pode completar ao seu gusto o software básico incluído, destinado exclusivamente a facer chamadas, enviar e recibir mensaxes, así como manexar contactos.

Está previsto que coas revisións deste “teléfono aberto”, que chegarán entre os meses de agosto e de outubro, incluiranse novas actualizacións como a opción de servizos de localización.

O modelo dispoñible á venda custa actualmente 399$ e ofrece unha comparativa bastante positiva con respecto ao seu competidor directo, o iPhone de Apple.

 

Funcións iPhone
Neo 1973

  CPU

ARM11 620MHz

ARM9 266MHz

  RAM

128MB

128MB

  FLASH

4 u 8 GB

64MB

  Extensión de memoria

Non

microSD

  Resolución

320×480

640×480

  Bluetooth

Si

Si

  WiFi

Si

Non (Si na vindeira revisión)

  USB

Non

OTG (non powered host)

  Cámara

2MP

Non

  GPS

Non

Si

  Conexión

Tipo Ipod (audio+RS232)

I2C, SPI, RS232, JTAG

  Acelerómetro

Si

Non (Si na vindeira revisión)

 (Fonte: Apustech)

A seguinte versión de OpenMoko, que sairá ao mercado en outubro, custará 450$, e traerá incorporadas as seguintes melloras:

  • WiFi 802.11 b/g

  • Samsung 2442 SoC (400MHz and Camera interface)

  • Acelerador Gráfico SMedia 3362

  • 2 Acelerómetros 3D

  • Memoria Flash 256MB

Máis información: OpenMoko

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal