Aberta a inscrición ao hackathon de e-téxtiles

Martes, 20 Agosto 2019

Xa está dispoñible o formulario de inscrición para o hackathon (obradoiro) de e-téxtiles (téxtiles intelixentes) organizado pola asociación GALPon e A Industriosa.

Os téxtiles intelixentes ou e-téxtiles son tecidos que inclúen compoñentes electrónicos como baterías, LED ou mesmo pequenos computadores.

Estos proxectos permiten aos makers con coñecementos previos de electrónica e/ou linguaxes de programación, adquirir novas técnicas e desenvolver habilidades artísticas e creativas como coser, calcetar, tecer, debuxar ou pintar.

E tamén permite a persoas que non se relacionaban previamente coa electrónica e si tiñan experiencia con téxtiles, ampliar o alcance das súas creacións mediante o uso destes novos materiais.

Se queres saber máis sobre esta actividade, en Mancomún falamos deste hackathon en profundidade nesta nova.

Logo de GALPon

Datos sobre o hackathon

Data: Sábado 14 setembro 2019
Relatorio de 10.00- 11.30
Horario obradoiro: 11.30 – 18.30
Duración total: 8.30 horas
Lugar: Aínda por determinar, está solicitado o espazo na Casa das Palabras en Samil e no Cento Cívico de Teis.

Prazas limitadas

Prazas totais para o relatorio: 80
Prazas totais para o obradoiro: 40

Unha vez feita a inscrición, recibirás un correo-e para confirmar a inscrición antes de 24 horas. Se non fas a confirmación a túa inscrición será eliminada.

Logo de A Industriosa

Prenda de roupa para as (túas) prácticas

Dende a organización comentan que é boa idea levar cousas variadas para traballar con elas.
Algunhas das prendas que propoñen levar son: camiseta, camisa, vestido, saia, pantalón, calzón, pucho ou calquera que se vos ocorra.

Máis información

Formulario de inscrición
Web de GALPon con toda a información sobre o obradoiro

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal