The Apache Software Foundation, 20 anos de desenvolvemento liderado pola comunidade

Martes, 20 Agosto 2019

Unha das fundacións de código aberto máis grande do mundo está de celebración (20 anos detrás dela, para ser concretos).

Estímase que “The Apache Software Foundation” (ASF, coñecida principalmente polo servidor web Apache) proporciona máis de 20.000 millóns de dólares en software, pola cantidade de proxectos que mantén e polo total do código fonte que os conforma.

Os seus produtos de software de código aberto póñense ao dispor do público sen custo algún e benefician a millóns de usuarios en todo o mundo.

Entre outros, ASF impulsa proxectos como: Spark, Hadoop, Lucene, Flink, Kafka, Beam ou Cordova, cos que contribúen e dos que se benefician compañías e organizacións como Adobe, Amazon, Facebook, NASA, a Axencia Espacial Europea, Netflix,Twitter ou Uber. Os repositorios de ASF gardan máis de 190 millóns de liñas de código.

Máis información
Vídeo conmemorativo

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal