Unha nova edición da amigus-party se está a preparar, outra vez co-organizada co concello das Pontes, coa colaboración do Grupo de Empresa de ENDESA, mancomun.org, o CESGA, a Consellería de Innovación e Industria, e Openor.
Terá lugar no Lar de ENDESA (nas Pontes) do 21 ao 23 de agosto e contará cunha xornada adicada ao Software Libre orientada a empresas e cun campionato de Nexuiz, un xogo de código aberto ao estilo Quake.
O venres de 16:00 a 20:00 temos a xornada sobre software libre, nesta edición orientada ó mundo empresarial.
O programa é o seguinte:
16:00 a 17:00: Presentación do Software Libre (GNU/Linux) por José Manuel Campello:
– Qué é, para quen é, e porqué é.
– Un pouco de historia.
– Licenzas.
– Distribucións.
– Pros/Contras.
17:00 a 18:00 Solucións Libres de Xestión para PEMEs por Carlos Roca
– Introdución
– Solucións Libres Xestión PEME (Linex, Codeka…)
– Codeka 1.0: Xestión de Interlocutores comerciais (clientes e proveedores), Xestión de Artigos e Familias, Xestión de Facturas e Albaráns, Vendas en mostrador (TPV), Xestión de cobros e pagos [Tesourería], Creación e configuración de códigos de barras, Xestión de copias de seguridade, Listados en formato PDF.
18:00 a 19:00 Xestión de sistemas de rede con Software Libre
– Xestión da rede.
– Servidores de datos.
– Servidores de correo.
– Servizos de bases de datos.
– Servizos web.
19:00 a 20:00 Coloquio "O Software Libre"
Tedes toda a información en amigus.org
